Cal é a importancia da innovación e a responsabilidade social corporativa para unha empresa

“España necesita un novo modelo económico e produtivo máis sustentable e a recuperación económica ha de ter un forte compoñente de RSC”, indica o profesor de Dereito Mercantil na USC, José Antonio Montero, nunhas xornadas en Santiago.

Por GC Emprende | Compostela | 24/11/2017

O bufete Aristeia Avogados, con sede en Santiago, celebrou este xoves unha charla-coloquio sobre innovación e responsabilidade social corporativa (RSC) moderada polo avogado do despacho José Antonio Montero, na que participaron o conselleiro delegado de Galega de Economía Social, Ramón Sestayo; o conselleiro delegado de Urovesa, Justo Sierra; o presidente do Grupo empresarial ABN, Javier Vázquez; e o administrador de Barreiro Díaz Consulting, Antonio Barreiro.
 
José Antonio Montero introduciu a xornada explicando que a RSC, é un modelo de xestión que fundamenta os seus principios na satisfacción das expectativas e necesidades dunha empresa ou institución, baixo a perspectiva de tres dimensións: económica, social e ambiental, co obxecto de alcanzar un comportamento socialmente responsable e conseguir a medio e longo prazo un aumento do rendemento e valor das empresas. “En RSC prima o importante sobre o urxente, a historia dános experiencias que son valiosos ensinos en canto aos beneficios do compromiso dunha xestión con criterios de eficiencia e valores de honestidade, transparencia e ética”, manifestou.
 
En canto ao aspecto social, Montero sinalou que un dos aspectos de interese máis importantes nunha empresa é o capital humano, é dicir, os seus traballadores, e indica que o desenvolvemento da RSC neste ámbito debe realizarse a través de políticas dirixidas a promover o “benestar dos traballadores” e o deseño dunha contorna laboral saudable. Sobre a dimensión ambiental, o avogado advirtiu de que nesta era industrial e globalizada as empresas deben asumir compromisos ambientais nos seus sistemas de produción e nos produtos que se trasladan ao mercado. 
 
En canto a investimento en innovación, Montero subliñou que actualmente son as empresas que máis invisten en I+D+i as “mellor situadas nos mercados”, con maior desenvolvemento económico e máis sustentabilidade social e ambiental. “España necesita un novo modelo económico e produtivo máis sustentable e a recuperación económica ha de ter un forte compoñente de RSC”, asegurou.
 
RAMÓN SESTAYO
 
Ramón Sestayo, conselleiro-delegado de Galega de Economía Social, falou da cultura da innovación responsable como un elemento que dá lugar a novos modelos de negocio, cadeas de valor sustentables, procesos máis eficientes con menor consumo de recursos e mellor clima laboral, entre outros, “aspectos todos eles que mitigan os impactos negativos das empresas e melloran a achega de valor aos seus grupos de interese”.
 
JUSTO SIERRA
 
Justo Sierra, conselleiro-delegado de UROVESA, firma dedicada á fabricación de vehículos especiais, cita a innovación permanente como un dos factores crave da competitividade presente e futura das empresas. Indicou que a sociedade cada vez ten máis conciencia de empresa e valora os proxectos estables, de longo prazo, con bases sólidas e ben articulados. ·Isto xera efectos multiplicadores, tanto na sociedade como no tecido empresarial, enraizando a xeración de emprego directo e indirecto na súa contorna. E isto só pódese alcanzar se a innovación é parte fundamental do ADN das empresas”, apuntou.
 
JAVIER VÁZQUEZ
 
O presidente do Grupo empresarial ABN, Javier Vázquez, indicou que innovación e RSC comparten os mesmos principios e perseguen os mesmos obxectivos. E engadiu que a rendibilidade da RSC obtense pola aplicación duns valores e principios que contribúen a integrar os obxectivos na mellora da contorna no que se desenvolve a actividade empresarial.
 
ANTONIO BARREIRO
 
O consultor Antonio Barreiro explicou que a RSC aparece tradicionalmente ligada a grandes empresas ou corporacións industriais, máis con fins filantrópicos e accións sociais útiles para publicitar a súa imaxe. En canto ás pemes, sinalou que a responsabilidade social debería centrarse nunha ampliación dos obxectivos empresariais a diferentes compoñentes sociais na súa comunidade local. “Un exemplo de como é posible rendibilizar esta implicación social constitúeo a colaboración e transferencia de coñecemento desde universidades e centros tecnolóxicos a pemes, converténdose en socios estratéxicos para o desenvolvemento de novos produtos, achegando coñecemento e reducindo custos de investigación”, sostivo.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Aristeia Avogados, con sede en Santiago, celebrou este xoves unha charla-coloquio sobre innovación e responsabilidade social corporativa (RSC)

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.