Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/11/2017
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Vaites... E xusto cando hai máis deputados supostamente nacionalistas galegos no Congreso dos Deputados e no Parlamento galego pasan estas cousas... Que raro, non... Sería que os mareantes non souberon ler o momento histórico? Sería que foron cándidos? Ou sería que foron máis listos ca ninguén? Ai... Sempre nos quedará a gaita e os repoludos gaiteiros e gaiteiras... Xa se di que nunca se sabe se a gaita chora ou ri... Aínda que o voso non pasou de sainete protagonizado por Xan das Bólas caros mareantes. Sinto ser tan clara, pero a vaquiña... polo que vale. Pero coma teño un corazón tan tenro vouvos deixar unha cancionciña para a finde: https://www.youtube.com/watch?v=qhL... Ai, xa sei que os líderes máximos andaban polas Francias naquelas épocas asombrando ao mundo co seu saber... Pero, tamén para eles teño algo. E dixo Antígona:" Eu non nacín para o odio, senón para o amor"...
Por Mareanta: Claro, a culpa da eucaliptización e os danos que está xenera é da marea que leva dous anos no congreso, os outros partidos que estiveron antes da existencia de En Marea nada de responsabilidade, a responsabilidade é de quen acaba de chegar, vaia solidez argumental. E ademáis, que terá que ver o Congreso nisto? Son competencias da Xunta, a do PP e o Bipartito, como era eso da vaquiña polo que vale?
Inda que, agora vou recoñecer que eu o de remeter tuis non podo porque non teño a cousa esa do twitter... Aínda que de vez en cando o lamento, coma cando leo algún coma este: https://twitter.com/xavier_alcala/s...
En fin... De todas maneiras eu hoxe non podo perder o tempo con estas cuestións tan baladís da supervivencia cotiá porque ando buscando tuis, box y sofpapers... Xa saquei os prismáticos e non vexo rusos cerca... Mirei debaixo dos armarios pero o dos sofpapers non o entendo... Porfa, aquí que sodes todos tan listos podeseme axudar... Pensade que non son Aldonza, senón Dulcinea. : https://www.meneame.net/m/actualida... Por certo, non deixedes de ler os comentarios 134 e 135. Son interesantes. Ao mellor o luns, os xornalistas desta web nos iluminan cunha reportaxe ou unha entrevista...
Estes señores minten e van a Europa cosas súas mentiras e o peor é que contan cuns acólitos que coma loros repiten os mantras falsos que predican. Alcolito maaaalo, alcolito maaaalo,...coma ovellas sen ter idea de xestión forestal, de requisitos das especies, de mercados e perspectivas, de hábitats asociados, de titularidade da propiedade.... Son noxentamente manipuladores, sectarios e falsos.
Por José: Vaia, pois poderíaste extender un pouco niso que chamas "mercados e perspectivas", a ver se nos descubres algún mercado e algunha perspectiva distinta á do eucalipto e nos iluminas con datos concretos sobre o apoio que estes mercados e perspectivas teñen ou tiveron dos distintos governos amigos de ENCE. Ánimo!
Por Aldonza de Puppetlandia: Si, si... que o faga. O da titularidade é complicado, pero poderíase tentar resolver cun Banco de Terras eficiente e modificando as leis que non permiten dividir fincas... Isto xa non ten sentido hoxe no que a pequena propiedade cobra importancia para o cultivo ecolóxico por exemplo. E é especialmente perxudicial para as zonas limítrofes coas vilas e cidades onde se poderían alugar fincas pequenas para hortos urbanos ou mellor dito, periurbanos. Coñezo moitas herdanzas inmobilizadas pola esixencia legal de acadar unha superficie determinada para poder partila... Se ti, non es dona dunha finca, se non cotitular con varias persoas é moito máis difícil que lle saques rendemento ou que te fgas cargo de desbrozala. Veña, falemos dos verdadeiros problemas.
Por Fumedecarozo: Dous ou tres apuntes que non teño tempo José. Madeira de trituración (pino e eucalipto) para abastecer demanda de mobiliario (moito laretear pero queredes mobles de Ikea no lugar de madeira maciza) na que a UE e deficitaria nun 30%. Aumento nun 25% de demanda de derivados da celulosa para componentes reciclables (automoción, material de hospital, fibras téxtiles,...) en substitución de sintéticos para dar cumplimiento a normativas MA da UE, só nos próximos 10 anos. Por non falar de que os terrenos aptos para frondosa en Galicia se sitúan maiormente en terrenos hoxe ocupados Pola agricultura e roubados coas parcelarias, ou pensades que os carballos e os catiñeiros medran en todos lados....
Por Aldonza de puppetlandia: Pois ves coma hai que falar. Evidentemente non e todo branco ou negro. Pero ti sabes coma min que hai outro modelo de explotacion posible.
Por José: Pois si, fumegar, fumegas. Non te saes do guión. Sabes perfectamente que o abandono de terras agrarias por depresión demográfica está sendo aproveitado pola indústria celulósica e por especuladores pro-eucalipto (vexo que dominas a cuestión..), en lugar de destinar estas terras a producións de especies máis esixentes que proporcionan madeiras de calidade, máis caras e con posibilidades de transformacións máis rendíbeis que o que da a madeira maciza de eucalipto, da que unha empresa de Pontevedra, non logra achegar nen o 1% das cortas de madeira para trituración. Todo para ENCE e para as celulosas de Portugal. E ti, sendo consciente da urxencia de diversificar, pretendes manter o statu quo. Será polo que che toca..
Por anonimo: Vivo nunha zona do concello de Sada, que era históricamente unha aldea (difícil decir que é agora, pois casas e superficies inzadas de eucaliptos altérnanse sin orde nin concerto...mentres antigas terras agrícolas fican abandonadas...) Todo esta terra é apta para o crecemento de especies frondosas, tan apta, que no meu xardín castiñeiros, nogueiras e carballos nacen espontáneamente e desenvólvense sen dificultade...No medio dos eucaliptos dos montes, calquera pode observar como se retorcen carballos e outras especies...Así que non veñades coa historia de que os eucaliptos ocupan zonas non aptas para frondosas...Algunhas haberá, pero non son as máis...
E n d e s a e A l c o a non destruen patrimonio nin contaminan de xeito irremediable aire, auga e chan e o que nace deste último. Combatamos o eucalipto. Plantar millo, patacas e herba con xurro tampouco contamina, non perxudica o chan nin á biodiversidade. Combatamos o eucalipto.
Por sesese: E o novo mantra
Por Aldonza de puppetlandia: Non. Sexamos coma os habitantes da Selva Negra que saben vivir e convivir cos seus fermosos bosques.
Unha platación de eucaliptos destrozou o castro de Castelo de Monte da Arca en Mondoñedo / Mariña Patrimonio
Estado no que quedou o dolmen da Casa dos Mouros, no Valadouro, logo dunha plantación de eucaliptos / Mariña Patrimonio