Xornada para fomentar a creación de empresas entre as mulleres

A Cámara de Comercio de Santiago celebrará unha sesión de networking para compartir experiencias e sinerxías sobre os proxectos emprendedores.

Por GC Emprende | Compostela | 04/12/2017

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organizará o vindeiro 20 de decembro unha xornada gratuíta dirixida a mulleres emprendedoras e empresarias. A xornada está enmarca no Programa de Apoyo Empresarial a las Mujeres (PAEM), que desenvolve a Cámara compostelá desde hai máis dunha década, cofinancidada  polo Fondo Social Europeo (FSE), o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades e a Cámara de Comercio de España.
 
A xornada “Plan de empresa: O teu impulso cara o éxito”, que se celebrará no viveiro de empresas de Costa Vella (rúa República Checa, 40) entre as 9:00 e as 14:00 horas, estará impartida por C&B Asociados. O obxecto fundamental da formación é proporcionar unha visión global dos ítems máis importantes de todo proceso emprendedor axudando ás participantes a responder as dúbidas máis comúns: como elixir a forma xurídica máis axeitada ao proxecto, onde conseguir financiamento, como aprender a realizar un plan financeiro e un plan comercial ou como facer unha presentación eficaz fronte a inversores.
 
REALIZAR PROXECTOS DE EMPRESA
 
A xornada ensinará ás emprendedoras e empresarias a realizar un proxecto de empresa e un plan de mellora desenvolvido e completo, que poderán utilizar como guía de referencia para a posta en marcha e consolidación do seu negocio, e servirlle ademais como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financeiras. 
 
E partindo de que o emprendemento é algo viral, que moitas veces se contaxia dunhas emprendedoras e empresarias a outras, preténdese tamén fomentar o networking activo entre as participantes para que poidan compartir experiencias e sinerxías contribuíndo así ao seu enxalzamento empresarial. Máis información e inscricións: www.camaracompostela.com

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Mulleres nunha oficina

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.