Cando as empresas buscan o futuro na universidade

Un cento de profesionais da contorna de Compostela poñen o seu coñecemento a disposición do alumnado da USC.

Por GC Emprende | Compostela | 20/12/2017

Hai tres anos naceu o proxecto Mentoring USC coa idea de poñer en contacto o alumnado de máster e de últimos cursos de grao ou egresados con profesionais de empresas a fin de que estes lles presten orientación e apoio na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional. Polo de agora máis de 300 estudantes beneficiáronse da experiencia de 125 mentores e mentoras.
 
Este martes tivo lugar a presentación dunha nova edición deste programa. Alí estiveron os 106 mentores e mentoras e 80 estudantes que nos vindeiros catro meses participarán no Mentoring e no Mentoring Inclusivo, este segundo dirixido a estudantado con algunha discapacidade. O primeiro conta co apoio do Consello Social da USC e o segundo de Obra Social la Caixa.
 
O reitor Juan Viaño presidiu o acto no que estivo acompañado pola vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Mª Dolores Álvarez, e a directora de Institucións de Caixa bank, María Jesús García. Así, lembrou na inauguración que esta iniciativa -pioneira na universidade pública española- está a dar “tan bos froitos coma os que reflicten os datos e as enquisas de valoración”. 
 
E tivo palabras especiais de agradecemento aos mentores e mentoras, “profesionais de experiencia dilatada que, de xeito altruísta e xeneroso, asumides o compromiso de trasladar a vosa experiencia e coñecementos aos nosos novos egresados”. “Vós seredes –dixo– a súa fonte de inspiración e estímulo para que esta xente nova poida superar as dificultades e os retos máis inmediatos e acadar así as súas aspiracións”.
 
Ao alumnado convidouno a que aproveite a experiencia, “unha oportunidade única para adentrarvos na realidade laboral acompañados por verdadeiros referentes dos que ides aprender moitas cousas”.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Juan Viaño preside un novo acto do programa Mentoring da USC

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.