Almuiña di que a xudicial "non é a vía" para mellorar o sistema sanitario galego

O conselleiro de Sanidade, que reclama un acceso "gradual" aos servizos sanitarios, asegura que os hospitais "están preparados" para atender o repunte das urxencias pola gripe e argumenta que esta situación "non é exclusiva de Galicia" senón que se está dando "en moitas comunidades".

Por E.P. | Compostela | 07/01/2018

O consellerio de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sinalou que a xudicial "non é a vía" para mellorar o sistema sanitario galego, logo de que algúns sindicatos expuxesen a súa intención de acudir aos tribunais ante as situacións de colapso que se viviron no último mes nos servizos de Urxencia de certos hospitais de Galicia.

Almuiña realizou estas declaracións nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega na que foi cuestionado sobre a situación que viven os servizos de urxencias dos hospitais galegos. Así, o responsable do departamento de Sanidade expresou que esta situación "non é exclusiva de Galicia", senón que se está dando "en moitas comunidades autónomas". "Estes días están a verse nos medios situacións moito máis complexas que en Galicia", apostilou.

Nesta liña, lembrou que "desde hai 15 días" produciuse un aumento "do 40%" nas chamadas ao teléfono do 061, o que fai que se necesiten "reforzos" para atender este repunte das atencións, provocado, en gran parte, polo pico de incidencia da gripe.

"A atención primaria resolve moitos destes problemas. Os Puntos de Atención Continuada (PAC) teñen un nivel de resolución altísima. De cada 100 persoas que van á PAC, 92 volven para o seu domicilio, só sete ou oito son derivados a Urxencias", incidiu.

Así as cousas, logo de defender que os servizos santiarios en Galicia "están preparados", Vázquez Almuiña convidou á cidadanía a "graduar" o seu uso do sistema de saúde.

"Sería moi interesante que a poboación fose graduando as necesidades, desde a chamada ao 061, a atención nos centros de saúde e a PAC, e, como último caso, os hospitais, que están preparados para este tipo de casos", remarcou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Arturo

El dato que refiere el conselleiro de que desde los pac se derivan al 7% de los pacientes atendidos es un «acuerdo de gestión» que prácticamente impone el Sergas y que supone un recorte económico al profesional que supere este porcentaje. Dentro de su sistema de graduación de asistencia olvida también la educación /información sanitaria y el acceso a los médicos de cabecera de los pacientes no solo a los pac, o al hospital o al 061, pero se olvida de decir que también las consultas de los médicos de cabecera están saturadas, fundamentalmente por la baja tasa de sustitución de las ausencias y de la reposición generacional a medida que los compañeros se jubilan. Le faltó decir que la gente se contratase un seguro privado..... A finge dónde acude el conselleiro cuando enferma????. fdo: un médico de familia


Jesús Vázquez Almuiña / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.