O xulgado sobresee a investigación contra a muller do 'Chicle' ao non haber indicios da súa implicación

O auto dá credibilidade á última versión dada por Rosario R., na que indicaba que permaneceu no seu domicilio a noite do 21 ao 22 de agosto de 2016, cando desapareceu Diana Quer.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2018

O Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira (A Coruña) decidiu este martes sobreseer de forma provisional as actuacións contra a muller de José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle', en relación á desaparición e morte de Diana Quer, dado que non existen indicios suficientes da súa participación nos feitos.

En concreto, o auto apunta que a última versión dada por Rosario R., na que indicaba que permaneceu no seu domicilio a noite do 21 ao 22 de agosto de 2016, "resulta contrastada polo resto de dilixencias practicadas", en especial polos datos do seu teléfono móbil.

Do mesmo xeito, o auto recoñece que no informe remitido polo Instituto Nacional de Toxicoloxía "non se desprende a existencia de indicios" da participación de varias persoas nos feitos. Por iso, o xuíz considera que non hai indicios para investigala nin como autora nin como cómplice da morte de Diana Quer.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

antiburras

Pero os medios sensacionalistas, incluído Galicia Confidencial, xa lle arruinastes a vida

1 resposta
1

Por Celidonio: Concordo 100%. E a selecta directiva da grande orde masónica do ilustre Colexio Oficial Profesional e Auténtico de Xornalistas de Galicia tomando café!


A nave na que foi localizado o corpo de Diana Quer

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.