Denuncian caos no hospital Meixoeiro de Vigo con pacientes sen comer polo ingreso masivo por gripe

Moitos familiares decidiron traer comida de fóra do hospital para alimentar aos pacientes. A CIG di que é o persoal do hospital o que está recibindo insultos da xente por unha situación causada pola “improvisación” da Xunta. Desde Sanidade aseguran que "só teñen constancia dunha paciente que non quixo comer".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/01/2018

A actual vaga de gripe acaba de poñer ao descuberto, unha vez máis, a falta de previsión do Sergas no que respecta á xestión da sanidade pública. Así o denuncia a CIG que critica que, tras a repentina apertura dun importante número de camas que se atopaban pechadas no hospital Meixoeiro de Vigo para acoller novos ingresos provocados pola vaga de gripe, outros moitos pacientes que quedaron sen comer como consecuencia da saturación do servizo de cociña.
 
Segundo denuncian dende o comité de empresa de Arcasa, concesionaria do servizo e cociña da EOXI de Vigo (hospitais Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Peña), o Sergas decidiu abrir de súpeto todas as camas que se atopaban pechadas no Meixoeiro -polo que na actualidade funcionan un total de 272- pero sen reforzar o servizo de cociña con máis persoal. 
 
Deste xeito, as catro camareiras encargadas do reparto de comida víronse totalmente desbordadas, até o punto de que moitos pacientes quedaron sen comer. “Ademais, o novo sistema implantado tras a apertura do Álvaro Cunqueiro provoca que a comida estea conxelada e non dese tempo de rexenerala”, denuncian dende o comité de empresa.
 
Esta situación fixo, segundo a CIG, que persoas con familiares ingresados optasen por levarlles elas mesmas comida da casa, “co conseguinte risco que isto supón para a saúde dos pacientes ao non tratarse dunha dieta controlada”. “Onte mesmo, por exemplo, moitas persoas ingresadas comeron unicamente iogures ou natillas, que era o único que tiñamos para darlles”, indican.
 
INSULTOS
 
Como consecuencia, as traballadoras tiveron que aturar todo tipo de queixas e mesmo insultos e descualificacións, “cando a responsabilidade do que acontece é unicamente do Sergas e da concesionaria pola súa deixadez e falta de previsión”. Dende a CIG-Servizos lembran que o sistema de comidas implantado pola EOXI de Vigo acumula problemas e queixas dende o principio, como así o puxeron de manifesto primeiro en 2015 tras a introdución do novo sistema e posteriormente en 2016, pouco antes do cambio de empresa concesionaria “por intereses electoralistas do PP”.
 
Finalmente, sosteñen que o servizo sempre funcionou correctamente no Meixoeiro até a posta en marcha do novo sistema e unha vez que se fixo cargo a nova concesionaria, Arcasa, “que optou tamén por reducir persoal, o que fai que agora o servizo se atope saturado e non se poida atender a todos os pacientes ingresados”.
 
VERSIÓN DA XUNTA
 
Con todo, e a pesar das críticas da CIG, desde a Consellería de Sanidade negan que se teña producido un caos coa comida do Meixoeiro. De feito, en declaracións a GC aseguran que "non hai constancia" de ningún problema coa alimentacións dos pacientes. "Só temos constancia dunha paciente que non quixo comer na hora establecida e que solicitou maís tarde unha dieta, que oportunamente lle foi servida", apuntan.
 
As fontes consultadas suliñan que aos pacientes que foron trasladados na tarde do luns, coa apertura das novas camas, "foille servida a merenda con toda normalidade ás 18 horas". 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

María José

La comida para los pacientes en el Meixoeiro es fatal. Ni una gotita de aceite para las judías ( olor apestoso de haber sido recalentadas) y después se marcan unos calamares guisados con una salsa muy sospechosa e insana. No pidas lasaña que es congelada y además sabe fatal. Las mesillas y cajones todos oxidados por diosssss. Mi último ingreso ha sido el 11/05/18 hasta el 17/05/18. Siii hace poquito. A ver si ya metemos mano a esto que con una herida abierta ya me diràn, ya me diràn....


1

soiy

Finalmente, sosteñen que o servizo sempre funcionou correctamente no Meixoeiro até a posta en marcha do novo Camisetas de futbol replicas sistema e unha vez que se fixo cargo a nova concesionaria, Arcasa, “que optou tamén por reducir persoal, o que fai que agora o servizo se atope saturado e non se poida atender a todos os pacientes ingresados”.


Hospital do Meixoeiro, en Vigo

Comida nun hospital

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.