A Guardia Civil espera a que se aclare a morte de Diana Quer para reabrir novos casos de desaparecidas

Queren saber se o "modus operandi" de José Enrique Abuín coincide con algún destes casos. Os axentes centraranse no "radio onde puido actuar" o autor confeso da morte da moza madrileña na provincia da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2018

A Guardia Civil esperará a que se esclareza como morreu Diana Quer para previsiblemente revisar outros casos co "mesmo modus operandi" de José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'o Chicle' e autor confeso da morte da moza madrileña.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que puntualizaron que "non se descarta" revisar casos no "radio onde puido actuar" o autor confeso da morte de Diana Quer, na "provincia da Coruña".

Non entanto, a Comandancia da Guardia Civil da Coruña agardará ata que conclúan as pescudas sobre a morte de Diana Quer e se esclareza este caso para revisar outros co mesmo modus operandi, en relación a asuntos pendentes de violacións ou persoas desaparecidas na provincia.

As mesmas fontes consultadas sinalaron que "non se sabe cales" serán os casos que se revisarán polo momento, xa que se trata dun traballo que non se realizará ata que acaben de esclarecer as causas da morte de Diana Quer.

PETICIÓNS DE FAMILIAS

Até a data, familias como a de Déborah Fernández-Cervera, cuxo cadáver apareceu o 10 de maio de 2002 nunha cuneta do Rosal (Pontevedra), dez días despois de desaparecer cando facía deporte en Samil en Vigo, pediron que se reabra a causa pola súa morte e se investigue se a súa autoría está relaciona con José Enrique Abuín Gey.

Deste xeito, despois de que a Guardia Civil comunicara que revaluará outros casos, sobre todo de violación, para determinar se Abuín está implicado en máis delitos, a familia de Déborah Fernández-Cervera reclamou que se inclúa o seu caso, arquivado en 2010 por falta de probas, "polo menos para despexar dúbidas".

A autopsia confirmou o falecemento por asfixia e descartou a agresión sexual, así como signos de violencia. Ademais, os forenses advertiron que o corpo estivera gardado nun lugar refrixerado e escuro durante días, posiblemente nun arcón conxelador. A pesar de todo, as pistas non levaron a ningunha detención.

Tamén a familia da compostelá María José Arcos, desaparecida en 1996, coincide en que practicamente hai que esperar a que a persona que delinquiu cometa "un erro" para poder avanzar nas investigacións que hai previamente, situación que lamentou e pola que pide máis "medios".

MARÍA JOSÉ ARCOS E SONIA IGLESIAS

Neste caso o vehículo de María José Arcos apareceu no Faro de Corrubedo, municipio de Ribeira, despois de que ela saira da súa casa do Romaño --en Santiago de Compostela-- na mañá dese 15 de agosto cando tiña 35 anos.

Mentres, a pontevedresa Sonia Iglesias permanece desaparecida desde o 18 de agosto de 2010 cando tiña 38 anos, nai dun neno de nove anos (daquela) e que se atopaba en trámites de separación da súa parella, principal investigado neste caso sen resolver.

A súa familia comentou que só poden confiar en ter "sorte" para que se poida coñecer o paradoiro de Sonia, posto que "o máis importante eran as primeiras horas". De feito, a irmá de Sonia Iglesias cre que o caso de Diana Quer levou este camiño por "un cúmulo de coincidencias". "Non se se hai máis medios, pero hai casos máis mediáticos que outros", expuxo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Arturo

Por moito que se reabra o caso de persoas desaparecidas, é, desgraciadamente, moi pouco probable que apareza nengunha. O que pasa é que a xente non quere admitir eso.


A nave na que foi localizado o corpo de Diana Quer / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.