O PSdeG carga contra o Sergas pola súa incapacidade de facer fronte ao pico da gripe

Julio Torrado pregúntase "onde están os recursos comprometidos por Feijóo" para xestionar a situación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2018

O portavoz de Sanidade do Grupo PSdeG, Julio Torrado, apuntou á "incapacidade de xestión" do Goberno galego en materia de urxencias ante o "previsible" pico da gripe rexistrado esta semana na Comunidade galega.

En rolda de prensa, Torrado criticou o "desastre organizativo" nas urxencias hospitalarias nas que considera que hai unha "falta de recursos de persoal" e de "materiais" (dispoñibilidade de camas e de espazos) para atender aos pacientes.

Así, o deputado socialista comentou que, "se hai algo máis previsible que o pico de gripe" é "a incapacidade de Sanidade para xestionalo". Por iso, Julio Torrado preguntouse "onde están os recursos comprometidos por Feijóo" para afrontar tal situación.

Así mesmo, tachou de "gravísimo" o feito de que os cidadáns "non estean todo o atendidos que deberían" ante un problema que "é do todo previsible". Neste sentido, Torrado insistiu en "a carencia de atención", debida a un "problema de planificación" da Xunta e á "incapacidade do Goberno galego de xestionar" a gripe.

Fronte a esta "incapacidade", os socialistas galegos propuxeron unha batería de iniciativas para "reclamar o incremento dos recursos de persoal", así como "os protocolos de actuación" e os "informes sobre o funcionamento" para facer fronte á saturación de urxencias, porque, segundo consideran, "os cidadáns non son culpables de ter a gripe".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Julio Torrado / Europa Press

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario / Asociación de Usuarios do CHUS.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.