Os 'parches' do Sergas, "inútiles" fronte ao colapso das Urxencias

Os sindicatos denuncian que os problemas existentes na Sanidade son consecuencia dun modelo de "recortes" e insisten en denunciar a "falta de planificación" da Xunta para afrontar "un mal endémico".

Por E.P. | VIGO | 10/01/2018

Os sindicatos advirten de que os "parches" que o Sergas puxo para paliar a saturación nos servizos de Urxencias en Galicia, como o reforzo de persoal nalgúns servizos ou a apertura de camas de hospitalización, non solucionan o "mal endémico" dos colapsos durante as ondas epidémicas de gripe. Así o advertiu o sindicato de Enfermaría SATSE, que denunciou que estes profesionais se enfrontan a "graves problemas" polo incremento da presión asistencial debido á gripe, "sen que aumentasen de forma conveniente os cadros".

Segundo apuntou esta organización, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña os pacientes tiveron que esperar en camas e cadeiras de rodas polos corredores, mentres os seus acompañantes sentaban no chan; en Lugo, mantívose os enfermos en observación por falta de camas para ingresos, unha medida que tamén se tivo que adoptar no Hospital de Monforte; o servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense "converteuse nunha macrosala de hospitalización"; e no Álvaro Cunqueiro de Vigo "non se vía unha afluencia tan alta desde 2011", mentres o hospital Meixoeiro "segue estando infrautilizado".

Pola súa banda, a responsable de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, deixou claro que a situación nas Urxencias galegas non mellorará ata que diminúa a afluencia de pacientes, porque "non se actúa sobre o problema de fondo", que é a política sanitaria da Xunta.

Segundo apuntou, a situación de masificación mantense porque os "parches" de reforzo dalgúns servizos e habilitación de camas "son insuficientes", e porque "a porta de entrada ao sistema de Sanidade, que é a atención primaria, está desmantelada". "É unha neglixencia que pon en evidencia os recortes, a falta de camas de hospitalización, a falta de persoal e a falta de planificación. É a chapuza de todos os anos", sentenciou.

"MAL ENDÉMICO"

O portavoz do ramo de UXT, Javier Martínez, apuntou que os problemas de saturación mantéñense no Hospital Álvaro Cunqueiro, con case un cento de persoas en Urxencias á primeira hora da mañá deste mércores e 14 delas á espera de ingreso; tamén en Ferrol, onde o servizo está "colapsado desde o domingo" e había pola mañá máis dunha ducia de pacientes esperando a ser ingresados.

Un panorama parecido, denunciou, vívese no CHUAC, onde está "cheo" o corredor habilitado para padiolas de pacientes pendentes de ingreso, e 36 enfermos esperando cama á primeira hora.

Subliñou que os colapsos provocados pola epidemia de gripe son "un mal endémico" do sistema sanitario galego porque nin os PAC nin os hospitais "están preparados" para as epidemias de gripe. Así mesmo, denunciou o "trato inhumano" que supón ter a pacientes "hacinados" en corredores, "sen intimidade", e esperando "con dor durante horas".

Finalmente, Ángel Cameselle, da Federación de Sanidade de CCOO, lamentou que "segue habendo xente á espera, sen ser atendida" e, aínda que "está ben que se abran camas e se reforcen algúns servizos", non son medidas suficientes "cando sempre se avisa con antelación de que haberá problemas".

En relación ás queixas dos xefes dos servizos de Urxencias pola tardanza en realizarse os ingresos, Cameselle lamentou que "en bo tempo se queixan", cando "o que habería que facer é tomar medidas integrais con antelación".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do CHUS. / Asociación de Usuarios do CHUS

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.