Feijóo sobre a súa posible marcha a Madrid: "Teño o compromiso de servir aos españois que somos galegos"

O presidente da Xunta di que mantén o "compromiso" de rematar esta lexislatura á fronte do Goberno galego. Critica a Ciudadanos por non ceder un deputado ao PP no Parlament catalán para que poida formar grupo propio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2018

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu no seu "compromiso" como mandatario autonómico ante as voces que o volven a situar en Madrid nunha eventual crise de goberno promovida por Mariano Rajoy, a quen tamén ve co "compromiso" de finalizar a lexislatura.

"Rajoy ten o compromiso de acabar a lexislatura e eu teño o compromiso de servir aos españois que somos galegos", aseverou nunha entrevista na Cope, preguntado por se se marcharía a Madrid.

Feijóo explicou que despachou co presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Nadal, aproveitando a inauguración da ampliación da AP-9 e comeu con el en Santiago de Compostela. Nesa conversa, dixo, abordou cuestións que incumben a Galicia e á situación política, como Cataluña e a necesidade de aprobar os orzamentos xerais, pero deu a entender que non estivo enriba da mesa ningún cambio no executivo. "O resto non deixa de ser entretido", manifestou.

CATALUÑA E ENQUISAS

Sobre Cataluña, confiou en que "non se faga pasar" os cataláns polo "esperpento" de querer investir a un presidente que non tome fisicamente posesión do seu escano e que está en Bruxelas, como sería o caso de Carles Puigdemont.

Ademais, lamentou que Ciudadanos non lle ceda ao PP un deputado para poder formar grupo no Parlament de Cataluña. Neste sentido, defendeu que moitos "votantes" populares confiaron en Inés Arrimadas nas pasadas eleccións nesa chamada ao "voto útil", pero seguen apoiando o PP e, por iso, lamentou que "lle negue a posibilidade" de ter grupo na Cámara á formación que liderou Xavier Albiol.

"Non describe un bo talante", reprochou Feijóo, en referencia a ese préstamo de deputado para formar grupo, unha cuestión que xuridicamente tivo respostas distintas no Congreso dos Deputados cando se expuxo por parte de formacións minoritarias.

Para Feijóo, é unha actitude "impropia" de quen "ouviu" que "estaría disposto a gobernar co PP e co PSOE". "Mal empezamos", insistiu, e argumentou que os partidos que defenden a Constitución deberían "estar unidos en protexer as liberdades", polo que esta formulación "é bastante decepcionante".

Sobre as enquisas, Feijóo considerou que "hai que tomalas como o que son, pero non convén ignoralas" e apostou por facer "autocrítica". Iso si, lembrou que en Cataluña o PP tivo "mal resultado", pero Ciudadanos en Galicia conta con "cero escanos", respecto diso do que incidiu en que o Partido Popular segue sendo o primeiro partido en España. "Cada elección é unha lección", sentenciou.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

Tocabolas

Será aos galegos que se sintan españois (voluntariamente, poucos.....por imperativo legal, cantidades) paspallás.....comigo non contes, falabarato de merde......


2

Roya

Feijoo vaite e non volvas


1

Breogán

E os galaicos que non se sintan españois mais pagan o seu soldo Qué?


Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.