Como ser un líder empresarial

O experto en liderado Leandro Fernández ofrece a master class «Neuroinfluencia: como liderar e influír co cerebro en mente».

Por GC Emprende | Vigo | 18/01/2018

«Neuroinfluencia: como liderar e influír co cerebro en mente». É a master class que ofrecerá o experto Leandro Fernández Macho no Campus de Vigo de IESIDE este xoves 18 de xaneiro.
 
Nesta sesión, Fernández Macho presentará o neuroliderado, unha perspectiva revolucionaria en canto á conceptualización do liderado e dos factores máis importantes para o seu exercicio eficaz. Así, ofrecerá aos asistentes claves sobre como adestrar as súas facetas cognitivas, condutuais e emocionais, conseguindo así unha mellora na xestión dos equipos.
 
Esta master class é parte da programación do Executive MBA de IESIDE, cuxo obxectivo é o de proporcionar aos seus estudantes as competencias para mellorar o seu liderado e poder xestionar equipos dun modo eficiente e satisfactorio. 
 
O relator, Leandro Fernández Macho, é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Wolwerhampton University, e posúe un máster en Dirección de Recursos Humanos, ICADE, pola Universidade Pontificia de Comillas. Actualmente dirixe a consultora On The Top, especializada en xestión de persoas e liderado e durante a súa carreira traballou en organizacións como Endesa, Iberdrola, Grupo Inditex ou Coca Cola.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Leandro Fernández Macho

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.