Feijóo sostén que se fixeron máis de 3.000 contratos nun mes polo colapso nas Urxencias

O presidente da Xunta avanza que o Consello dará luz verde esta semana á construción de 20 novos centros de saúde en toda Galicia ata 2020 para reforzar a atención primaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2018

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Consello dará luz verde este xoves á construción de 20 novos centros de saúde en toda Galicia até 2020, no que supón un reforzo da atención primaria, e defendeu que no último mes fixéronse máis de 3.000 contratos para paliar a situación das urxencias.

O anuncio feito polo máximo mandatario autonómico, que se concretará este xoves na reunión do seu goberno, tivo lugar na sesión de control parlamentaria, durante a cal o portavoz de En Marea, Luís Villares, botoulle en cara o "colapso" da sanidade pública e as esperas de máis de "seis" horas nos servizos de urxencias, algo que deduciu que Feijóo descoñecía por non ser usuario --acusou-- do servizo "público".

Nas súas respostas, o presidente da Xunta defendeu o compromiso coa sanidade galega e, como proba diso, reivindicou que desde que chegou ao Goberno en 2009 baixou a espera media para intervencións cirúrxicas (agora en 15 días para prioridade un) e estanse facendo 19.000 intervencións máis ao ano.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

TENOCHICLAN O AZTECA

si nunha semana contrata a un.ha enfermeira por seis contratos... metan a división por 6, e logo o hipocrita de mareados o xuiz villano mandando o seu aboiño (o vello -Vieiras) a privada, as cousas están mal as urxencias están saturadas, no hospital de Ourense di o conselliero do sanitario ali-miñas de facer sacrificios que chegou o momento de grandes sacrificios de sacrificar os "ocupas" do hospital moitos de 84 anos, SACRIFICOS ESTILO O AZTECA, os pacentes serán baixados polo ascensor por un celador e a porta de entrada (neste caso de saida) esperara un doutor bruxo con cóitelo de matar porcos e sacaralle o corazón cansado do paciente dun.ha rápida e eficiente coitelada na aortica!!!! según o conselliro ali-muiñas van xa a desconxestionar as urxencias!!!!


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno do Parlamento / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.