Máis de 20 pacientes, algúns graves, estiveron ciscados polos corredores de Urxencias do CHUS

Acusan á dirección do hospital de mentir e animan a súa xerente a "que visite persoalmente o servizo de urxencia e se digne a falar cos pacientes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/02/2018

Novo colapso no Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS). Este venres, e de acordo coa información á que tivo acceso a Asociación de Pacientes, ás 17:40 horas había 23 pacientes graves que agardaban no corredor de acceso para ser atendidos. "Todo o servizo estaba cheo e 11 pacientes agardaban na sala de observación ou ingreso en planta", denuncia.

Nun comunicado, esta entidade destaca que ás 19:40 horas, membros da asociación comprobaron in situ como aínda seguían no corredor, en cadeiras de rodas e padiolas, 14 pacientes graves,  a maioría de avanzada idade. "Unha paciente de cancro de estómago con fortes dores estaba case inconsciente nunha cadeira de rodas desde ás 13:00 horas sen que se lle proporcionara unha padiola porque xa non quedaban dispoñibles", indica. A propia asociación repartiu entre os pacientes follas de reclamación que foron asinadas por todos os que estaban agardando no corredor.

De acordo cos datos publicados polo CHUS na súa páxina web, ao longo do día de onte foron atendidos 476 pacientes, déronse 420 altas e producíronse 82 ingresos. O nivel medio de ocupación das camas hospitalarias foi do 65 por 100. Pero, a pesar de haber camas, esta entidade denuncia que os pacientes permaneceron horas nunha situación "de deterioro intolerable", a pesares de que na área médica aínda quedaba un 20 por 100 das camas dispoñibles e en cirurxía un 30 por 100. Ademais, apunta que a antiga sala de reanimación que foi aberta a principios desta semana, e que funcionou durante unhas horas como sala de preingreso, "estaba novamente pechada".

A XERENCIA NÉGAO

A xerente do CHUS, nunhas declaracións feitas públicas nos medios de comunicación o pasado día 8 de febreiro, negaba que os pacientes graves permanezamos no corredor de acceso aos servizos de urxencias agardando horas para ser atendidos. Afirmaba que, polos corredores, "os pacientes están de tránsito uns minutos para cambiar de ubicación".

"Invitámoslle a que visite persoalmente o servizo de urxencia e se digne a falar cos pacientes que están nos corredores, e en lugar de mentir publicamente e negar a realidade, exerza ás competencias que ten legalmente atribuídas e polas que recibe un soldo que pagamos entre todos os pacientes e usuarios", din desde a Asociación de Pacientes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pacientes en estado grave e en cadeiras de roda e padiolas agardando nos corredores de Urxencias do CHUS / Asociación de Pacientes Pacientes en estado grave e en cadeiras de roda e padiolas agardando nos corredores de Urxencias do CHUS / Asociación de Pacientes

Pacientes de avanzada idade e en situación grave agardando nos corredores de Urxencias do Hospital de Santiago / Asociación de Pacientes

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.