Queres coñecer a materia escura que oculta o Universo?

Aquae Talent Hub chega a Ourense cunha conferencia maxistral sobre as partículas máis pequenas que forman o universo e os seus lados máis escuros.

Por GC Emprende | Ourense | 28/02/2018

O salón Marie Curie do Campus de Ourense da Universidade de Vigo acollerá o 15 de marzo a VII edición de Aquae Talent Hub, un encontro para mentes inquietas e curiosas que queren aprender sobre innovación, compartir coñecementos e ampliar a súa rede de contactos. Unha xornada que contará con Pablo Martínez Ruíz del Árbol, físico e científico senior do Instituto Tecnolóxico de Zúric ( ETH), responsable da master class, e coa experta en design thinking Irene Lapuente, condutora do taller.

Aquae  Talent  Hub é unha plataforma de impulso a novas ideas, un espazo de reflexión e divulgación sobre emprendemento e innovación. Ao longo do ano 2017, celebrouse en Elxe, Murcia, Málaga e Santiago de Compostela, e este ano, ademais de Ourense, ten previsto visitar Marbella, Alacante e Murcia. O denominador común de todos eles é a innovación desde as súas distintas perspectivas: social, cultural, solidaria, colectiva e científica.

Na súa clase maxistral, Pablo Martínez Ruíz del Árbol explicará como se avanzou no coñecemento das partículas que forman o noso Universo e como os físicos estruturan o seu pensamento, deseñan os seus experimentos e establecen conexións para conseguilo. Xunto a el, o público explorará algúns exemplos históricos da Física de Partículas e penetrarase nos desafíos aos que se enfronta esta ciencia actualmente, como o descubrimento do  Bosón de Higgs, a materia escura e as procuras actuais de Nova Física, que están a revolucionar o marco teórico actual.

Doutorado na calibración e construción do detector CMS (Solenoide Compacto de  Muones) situado no  LHC (Gran  Colisionador de  Hadrones) do  CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) en Xenebra (Suíza), Pablo Martínez Ruíz del Árbol e é profesor asociado e científico  senior no  ETH, liderando e coordinando procuras de Materia Escura en CMS. Actualmente, traballa como investigador Ramón e Cajal no Instituto de Física de Cantabria.

A FÍSICA COMO AXUDA

Antes da master class, a experta en Comunicación e Pedagoxía Irene  Lapuente (Física de formación) conducirá un taller que explorará como os procesos de pensamento que utilizan os físicos poden axudarnos no noso día a día. “A nosa cultura lévanos máis a xerar respostas que a expor preguntas. Sentimos máis cómodos respondendo. En cambio, a semente do saber é a pregunta”, reflexiona  Lapuente, fundadora da  Mandarina de Newton, empresa que une ciencia e tecnoloxía para fomentar a creatividade.

Neste taller, o público poderá coñecer, a través de actividades e xogos participativos, como se orixinou o Universo, de que está formado, como a Física o estuda, como funciona a mecánica  cuántica e como o erro serve de fonte de inspiración. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O físico Pablo Martínez Ruíz del Árbol

A experta en comunicación e Pedagoxía Irene Lapuente

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.