O Selo ICheme de calidade europea xa está na USC

O grao en Enxeñaría Química e o mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos conseguen esta prestixosa marca.

Por GC Emprende | Compostela | 12/03/2018

O IChemE é un selo de calidade europeo que outorga a institución de Enxeñeiros Químicos (Institution of Chemical Engineers) e que permite optar á categoría de Chartered Engineer, un título profesional que avala a calidade da preparación dos profesionais da enxeñaría e que se esixe en moitos países para acceder aos postos máis atractivos do sector. 
 
E este selo está xa na USC. O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, entregoulle este luns á Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) o diploma acreditativo do Selo ICheme aos seus títulos de grao en Enxeñaría Química e mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos que se imparten nese centro. "Coa obtención deste selo garantimos que os nosos titulados se sitúan nas mellores condicións posibles para lograr desenvolver a súa carreira profesional”, suliñou
 
Do selo que se acaba de acadar para o grao e o mestrado da ETSE ata o ano 2022 xa dispuxeran con anterioridade as tituladas e titulados en Enxeñaría Química, que tamén viron acreditado o grao para o período 2013-2017.
 
Segundo manifestou Viaño, a Universidade debe poñer en marcha mecanismos de apoio “que cómpre facer funcionar acaídamente”, coa fin de garantir o correcto funcionamento do proceso formativo, “velando porque se acaden os obxectivos da aprendizaxe, incluíndo entre os seus procesos os obrigatorios relativos ao seguimento e acreditación das titulacións”. Pero tamén, engadiu, “debemos ir máis aló da obrigatoriedade normativa e potenciar que o noso alumnado, ademais de recibir unha formación de calidade, dispoña tamén de distintivos que lle permite unha mellor inserción no mercado de traballo”.
 
OUTROS SELOS
 
Durante este ano, e como parte das accións recollidas no Plan Estratéxico de Internacionalización, someteranse a avaliacións para os selos EURACE o Grao en Enxeñaría Civil, o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e o Mestrado en Enxeñaría de Montes, impartidos na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Tamén optará ao selo Chemistry Quality Eurabel o Grao en Química, da Facultade de Química.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Acto de entrega do selo IchemE por parte do reitor da USC, Juan Viaño / USC

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.