Os accidentes de tráfico na fin de semana en Galicia foron 61

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante a fin de semana a 84 persoas debido a 61 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega. O sábado, con 24 incidentes, foi o día en que se rexistraron máis sinistros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2018

A  Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 23 de marzo e as 23,59 horas do domingo un total de 69 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 situáronse en 80. Deste xeito, as ambulancias realizaron 72 asistencias; o helicóptero medicalizado realizou unha atención e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en sete accidentes.

En 80 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en catro ocasións recibiron atención no propio lugar do sinistro. A proporción de homes atendida situouse no 49 por cento e a de mulleres ascendeu ao 51%. En canto ás idades dos feridos, o 33 por cento dos asistidos tiña entre os 25 e 39 anos. Pontevedra, con 25 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 17; Lugo, con dez; e Ourense, con nove.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ambulancia do 061 / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.