Matemáticos crean un novo sistema de clasificación para o fútbol que tería beneficiado a Celta e Dépor

O modelo, deseñado por investigadores portugueses, baséase na proporción de tempo que un equipo está gañando, perdendo ou empatando, o cal "aumenta a competitividade e fai que os partidos sexan máis desafiantes, xa que cada minuto pode contar para obter o mellor posto na clasificación", defenden. Con este sistema, os equipos galegos terían rematado en postos máis altos na tempada 2015-16.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/04/2018

A tempada 2015-2016 , o R.C. Celta de Vigo rematou sexto na Liga, posto que lle deu o pasaporte á Liga Europa da UEFA, na que chegou a xogar a semifinal co Manchester United. Esa mesma tempada, o R.C. Deportivo da Coruña rematou no posto 15. De terse aplicado un novo sistema de puntuación proposto por matemáticos portugueses, os celestes terían rematado no quinto posto e os herculinos, no 12. A proposta é un modelo de puntuación continua baseado na proporción de tempo que un equipo está gañando, perdendo ou empatando.

O modelo, presentado nun artigo científico titulado 'A time-dependent scoring system for soccer leagues', foi desenvolvido por Manuel Cruz e Sandra Ramos, do Laboratório de Engenharia Matemática do Instituto Superior de Engenharia do Porto, e Miguel Pinho, da empresa Vanguard Method, en Matosinhos. Os autores realizaron varias simulacións aplicando o seu sistema para completar tempadas de diferentes ligas europeas. Os resultados mostraron que "esta proposta reduce a fenda entre os equipos, aumentando a competitividade dos campionatos e facendo que os partidos sexan aínda máis desafiantes, xa que cada minuto pode contar para obter o mellor posto na clasificación final", defenden.

Desde 1995, o fútbol réxese por un sistema de puntuación que premia con 3 puntos a vitoria, un punto por empate e cero por derrota. Un sistema introducido para promover o fútbol de ataque, os goles e o espectáculo. "Con todo, o efecto do sistema de 3 puntos por unha vitoria segue sendo debatible, xa que o valor dunha vitoria fai que «estacionar o autobús» en 1-0 sexa unha opción máis desexable", expoñen os matemáticos portugueses, que consideran que "os sistemas de puntuación que fomentan máis o xogo de ataque desde o comezo mesmo do partido" son os que "seguro beneficiarán o atractivo deportivo". É por isto que deseñaron un sistema de puntuación continuo que busca este obxectivo: aumentar o espectáculo e a competitividade.

"Os puntos finais atribuídos a cada equipo deben ser proporcionais ao tempo en que cada equipo gañou / empatou / perdeu contra o seu opoñente con respecto á duración total do partido".

"O sistema de puntuación presentado baséase nunha premisa simple: os puntos finais atribuídos a cada equipo deben ser proporcionais ao tempo en que cada equipo gañou / empatou / perdeu contra o seu opoñente con respecto á duración total do partido", expoñen os autores do modelo

Aquí é onde entran en xogo as matemáticas. Os investigadores propoñen unha fórmula para asignar puntos a cada equipo ao final de cada partido, en función do tempo no que estiveron empatados ou gañando / perdendo durante o total do encontro. 

Trátase dun sistema aparentemente máis xusto e tamén, indican os seus autores, simétrico, xa que, por exemplo, un equipo que gañe durante os primeiros intres da primeira parte e empate nos restantes, obterá a mesma cantidade de puntos que se está empatando durante todo o partido e marca o gol da vitoria ao final.

Os autores tamén salientan que é "altamente improbable" que se dean empates na clasificación final dun campionato, "xa que os puntos finais son o resultado dunha escala continua, e non unha suma de valores enteiros".

Os matemáticos consideran que o seu sistema pode levar a "novos paradigmas de xestión na definición das tácticas para un partido", así como a "novas regulacións con respecto á variable de tempo", xa que "o tempo adicional, os descontos de tempo con respecto ás substitucións e a asistencia dos xogadores, deberían regularse, pois terían unha importancia considerable nos puntos de partido", argúen.

"O obxectivo principal non é terminar o partido anotando máis goles que o opoñente, senón gañar a maior parte posible do partido".

Este sistema "fará que os equipos ataquen desde o comezo do xogo, xa que o obxectivo principal non é terminar o partido anotando máis goles que o opoñente (o punto de vista trinario), senón gañar a maior parte posible do partido", salientan os autores.

Outra vantaxe que subliñan é que "tamén tería un efecto social aínda máis dinámico que o esquema trinario real, xa que a discusión entre os seguidores sobre a decisión do árbitro, a penalización máxima errada ou a pelota no poste nun minuto determinado afectaría a clasificación dun quipo ou mesmo o gañador do campionato" dun xeito máis decisivo.

"Mesmo os equipos máis defensores, que moitas veces seguen defendendo cando perden por un gol para tentar a recuperación ao final do partido, deben reformularse a súa propia estratexia", xa que "un empate ou mesmo unha vitoria nos momentos finais do partido non será tan importante".

Con todo, recoñecen que "nun partido no que un equipo está a gañar desde os primeiros minutos, pode perder algo de competitividade na última parte, xa que os puntos en disputa son menores, pois o partido está preto do seu final. Ademais, "o equipo que se adianta cedo no marcador podería adoptar unha estratexia defensiva desde ese momento, o que resultarñia nunha falta de atractivo para o resto do xogo".

Por isto, suxiren que talvez se podería crear un modelo híbrido entre a súa proposta e o sistema actual de tres puntos por vitoria.

Para verificar o sistema de puntuación proposto, fixeron simulacións con datos reais da Premier League (Inglaterra), La Liga (España) e Liga NOS (Portugal).

LIGA 2015/2016

Na Liga española 2015-2016, cinco equipos diferentes chegaron a liderar a táboa clasificatoria (Eibar, Celta, Barcelona, Real Madrid e Villareal), con seis cambios no liderado. Cos cambios propostos polos matemáticos portugueses, a situación mudaría un chisco, xa que habería tamén cinco equipos no liderado ao longo da tempada que se intercambiarían oito veces a primeira posición entre eles; neste caso serían Espanyol, Real Madrid, Celta, Eibar e Barcelona.

Co novo sistema, a diferenza entre Barça e Real Madrid na tempada 2015-16 tería sido de só 0,02 puntos; o Rayo Vallecano non tería descendido a Segunda, o Celta tería subido do quinto ao sexto posto e o Dépor, do 15 ao 12.

Aquela foi unha das tempadas máis axustadas que se recordan: o FC Barcelona fíxose co campionato con 91 puntos, fronte a 90 do Real Madrid e 88 do Atlético de Madrid. Co sistema de puntuación proposta polos matemáticos, a diferenza entre primeiro e segundo redúcese a tan só 0,02 puntos. E o Real Madrid tería gañado a Liga se en só un dos partidos nos que venceu tivese marcado o gol da vitoria 40 segundos antes. 

Aquela tempada tamén foi a do descenso do Rayo Vallecano. De terse aplicado este modelo de puntuación baseado no tempo de vitoria / empate / derrota, o equipo madrileño, que rematou a Liga no posto 18, teríase salvado e ascendido até o posto 10. E tería sido Las Palmas —que acabou 11— o que tería ocupado o 18 e, polo tanto, descendido

Os equipos galegos serían dos beneficiados aquela tempada: o Celta tería subido un posto, do sexto ao quinto, mentres que o Deportivo tería ascendido do 15 ao 12.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
5

Camisetas de fútbol baratas

Aquela tempada tamén foi a do descenso do Rayo Vallecano. De terse aplicado este modelo de puntuación baseado no tempo de vitoria / empate / derrota, o equipo madrileño,Camisetas Sport Club que rematou a Liga no posto 18, teríase salvado e ascendido até o posto 10. E tería sido Las Palmas —que acabou 11— o que tería ocupado o 18 e, polo tanto, descendido https://bit.ly/2rEquv1


4

vov321

All-time top #UCL semi-final scorer? Cristiano Ronaldo 💪 See more: https://bit.ly/2HKMxaR


3

ovo123

The official result of the UEFA Champions League semi-final draw! 🏆 Who will reach the final in Kyiv? 🏆 Who do you support? You can click here to support your team: http://www.spnfutbol.es/


2

ovo123

Fai clic na ligazón: podes mercar a camiseta de fútbol que queres http://www.spnfutbol.es/


1

piter

Aquela tempada tamén foi a do descenso do Rayo Vallecano. De terse aplicado este modelo de puntuación baseado no tempo de vitoria / empate / derrota, o equipo madrileño,Camisetas Sport Club que rematou a Liga no posto 18, teríase salvado e ascendido até o posto 10. E tería sido Las Palmas —que acabou 11— o que tería ocupado o 18 e, polo tanto, descendido


Encontros entre o Celta e o Dépor/ moiceleste.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.