En Marea pide "un gran pacto social" sen siglas para facer fronte aos incendios

O grupo do partido instrumental organiza este venres unhas xornadas que pretenden ser "a comisión de incendios que non puido ser".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2018

O portavoz de En Marea, Luís Villares, chamou a articular "un gran pacto social" polo territorio como "a única solución" para afrontar a problemática dos incendios forestais en Galicia e que dito pacto debe deixar fóra "as siglas" e apostar pola "transversalidade" e "as maiorías sociais".

Así se explicou o maxistrado en excedencia este luns nunha comparecencia de prensa na que presentou as xornadas sobre política forestal e territorio que organiza En Marea este venres, que teñen por obxectivo converterse na comisión de incendios "que non puido ser" e onde se dará "voz" a aquelas persoas "silenciadas" por "ser incómodas" para o Partido Popular.

Nunha comparecencia de prensa celebrada no Pazo do Hórreo, Luís Villares comentou que estas xornadas do próximo venres estarán centradas nas políticas de cohesión territorial, pois, ao seu xuízo, é aí onde reside o problema dos incendios en Galicia.

Deste xeito, o maxistrado en excedencia considera que para facer fronte aos incendios en Galicia, é preciso ir máis aló das políticas forestais e apostar por ter "un rural vivo" e "con servizos" para poder fixar poboación fóra das áreas urbanas.

Villares avanzou que En Marea incorporará as achegas destas xornadas no informe que presentará para as redacción das conclusións finais da comisión para a reforma da política forestal que se desenvolveu na Cámara galega nos últimos meses.

PARTICIPANTES

A cita do próximo venres, que se celebrará no Parlamento de Galicia e que leva por título 'Territorio Queimado. Territorio Silenciado', contará coa participación da capataz de brigada forestal Remedios Liste, o profesor de xeografía da Uvigo Xosé Constenla; a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e o investigador do Laboratorio do Territorio, Francisco Ónega; todos eles na quenda de mañá.

Xa pola tarde, comparecerán o biólogo e ecoloxista Xabier Vázquez Pumariño; a axente forestal Zeltia Burgos; o presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, Eloi Villada; e a tenente de alcalde de Salceda de Caselas (Pontevedra), Carla Pérez.

Tras incidir en que todas estas persoas foron "silenciadas" polo PP para comparecer na comisión por presentar visións "incómodas" para o Goberno galego, Villares explicou que o obxectivo de En Marea é reclamar a incorporación á política forestal de voces "transversais", "femininas" e "ecoloxistas" como única vía para ofrecer solucións ao problema dos incendios e o despoboamento do rural.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
2

chindasvito

Para incencios Paula Quinteiro!

2 respostas
1

Por comunista independentista: Ou Súarez Canal.

2

Por O capador: Comunista independentista, faite unha lavativa que che chegue desde abaixo até a gorxa...


1

laparoscopia forestal

van facer o pacto do comunal para asar e freir cousas polo monte por exemplo o bocata de chourizo cunha hectárea de matoxos chega, a tortilla de patacas con cebola cociñada necesita 5 hectáreas de xestas, e o churrasco da forestal con 20 hectáreas alomenos de piñeiros recen prantados chega, vai dar as clases o arguiñano das florestal o tipo aquel das fogatas polo monte pois tiña fame de chourizos picantes por caída do zucre no sangue... MOITOS DA IZQUIERA LA UNITARIA O DEFENDIAN


Incendios en San Mamede / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.