Galicia está presente na final dos “Nobel da Auga”

Dous equipos de estudantes galegos están na Final Nacional do Stockholm Junior Water Prize. Esta competición recibe cada ano máis de 10.000 proxectos de 30 países relacionados coa auga e o medio ambiente.

Por GC Emprende | Ourense | 16/05/2018

Dous equipos de estudantes dos colexios Maristas Santa María (Ourense) e Plurilingüe Alborada (Vigo) quedaron finalistas no certamen nacional do Stockholm Junior Water Prize (SJWP), considerado o 'Premio Nobel do Auga'. Os seus innovadores proxectos propoñen un sistema ecolóxico para degradar as toalliñas hixiénicas e un invernadoiro con autorrego de auga de mar.
 
Na Final Nacional de SJWP, que terá lugar en Madrid o 24 de maio, ambos equipos deberán defender os seus respectivos proxectos nunha exposición oral de 20 minutos. Dos tres equipos españois finalistas, un xurado elixirá ao ganador que, xunto ao resto de finalistas doutros 30 países, viaxará en agosto a Estocolmo (Suecia), onde presentará e discutirá o seu proxecto con investigadores, políticos e medios de comunicación.
 
Para desenvolver o seu proxecto, os estudantes do colexio ourensán Miguel Aragón e Miguel Sequeiros baseáronse nas recentes investigacións das universidades de Cantabria e Cambridge, que demostran que o verme do mel, Galleria mellonella, pode degradar o polietileno de forma natural, mediante a súa inxesta. Estes mozos deron un paso máis, ao demostrar que este verme tamén é quen de descompoñer os compostos derivados do polietileno, presentes nas toalliñas hixiénicas, sen xerar produtos contaminantes nin afectar ao ciclo vital deste ser vivo.
 
AS TOALLIÑAS, GRAVE PROBLEMA ECOLÓXICO
 
Segundo explica Lydia Castro, titora deste equipo, “este tipo de produtos creados a partir de polietileno non suporían maior problema si houbese un xeito ecolóxico de degradalos”. “Actualmente, a mellor alternativa é a reciclaxe en plantas especializadas, pero lamentablemente moi poucos se reciclan, polo que unha altísima porcentaxe de plásticos acaba contaminando océanos e ríos”, indicou.
 
As toalliñas hixiénicas non son biodegradables (a súa porcentaxe de desintegración en auga non chega ao 40% nun periodo de dous días, fronte ao 95% do papel hixiénico, composto na súa maioría por celulosa, que se desfai en media hora). Esta difícil degradación ocasiona perdas millonarias (1.000 millóns de euros anuais na Unión Europea) tras tapar as tubaxes, chegando a inhabilitar temporalmente algunhas depuradoras de auga e creando un grave problema de saúde en moitas cidades. Precisamente, o pasado 9 de maio o Senado instou ao Goberno español a adoptar medidas para previr e evitar estes efectos. 
 
INVERNADOIROS CON AUTORREGO
 
O equipo formado por Laura Costas e Inés Castro, estudantes do Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo, conseguiu un posto na Final Nacional do SJWP grazas ao deseño dun invernadero con autorrego de auga de mar.
 
O seu traballo inspírase nun proxecto chamado 'Xardín de Nemo', baseado na construción de invernadeIros ancorados a 6 metros de profundidade fronte ás costas de Italia. Formados por biosferas con forma de globo, estes invernaderos aproveitan as propiedades naturais do mar, como a súa temperatura constante (26ºC) e as súas altas concentracións de dióxido de carbono, para poder cultivar plantas, 
 
Laura e Inés testaron a viabilidade do 'Xardín de Nemo' no laboratorio, utilizando cubetas de sementa mergulladas ou semi-mergulladas nun acuario, replicando as biosferas mergulladas no mar. Logo de probar varios deseños de invernadoiros, nos que plantaron lentellas, xudías, rúcula, perexel e ourego, as estudantes viguesas conseguiron dar forma a un invernadero que ten as mesmas condicións que calquera outro e que pode utilizar a auga de mar para regar dun xeito autosuficiente as plantas xa que ao producir unha fonte de calor como é a propia luz do sol a auga se evapora e se desaliniza por completo. 
 
Neste tipo de invernadoiros, que poderían instalarse en calquera lugar costero, a auga de mar actúa como termorregulador abrindo a circulación de renovación do auga e o rego prodúcese pola evaporación do auga de mar. 
 
10.000 PROXECTOS
 
A edición mundial do Stockholm Junior Water Prize, recibe máis de 10.000 proxectos procedentes de 30 países cada ano e  está organizada polo Instituto Internacional do Auga de Estocolmo (SIWI), cuxo obxectivo é fomentar o interese dos mozos e promover a súa creatividade en torno ao auga e o medio ambiente. Pola súa banda, a edición española desta competición está patrocinada por Viaqua e a súa fundación, Fundación Aquae, e organizada pola Escola do Auga. 
 
Un xurado de expertos internacionais entrevistará aos finalistas de cada país e decidirá o proxecto ganador na Final Internacional do Stockholm Junior Water Prize. O gañador recibe 15.000 dólares, un diploma e unha escultura de cristal azul de mans da princesa Vitoria de Suecia, patroa deste galardón.
 
Máis información: 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Toalliñas de inodoro / youtube.com

Proxecto finalista na Final Nacional do Stockholm Junior Water Prize, os coñecidos como Nobel da Auga / Viaqua

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.