PSdeG non descarta máis vagas de lumes pola "vella política de prevención de incendios" do PP

Leiceaga critica a "resistencia" dos actores da política forestal a "aceptar o cambio" necesario na política contra os lumes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2018

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, responsabilizou ao Goberno galego e ao Partido Popular do "atraso" nos traballos da Comisión de Estudo sobre a Política Forestal da Cámara galega.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o dirixente socialista lembrou que os populares "vetaron incluír máis comparecencias" para que as conclusións estivesen listas antes do verán. A pesar diso, censurou que "o relatorio leva todo maio sen reunirse".

Fernández Leiceaga considerou que a "resistencia dos actores da política forestal e de incendios a aceptar o cambio" pode ser a posible explicación de que este órgano "estea paralizado". Por iso, instou ao Executivo autonómico a "desmentir esta hipótese con feitos" e apelou a un acordo para encetar un cambio de fondo na política contra incendios.

Así mesmo, mostrouse desconfiado sobre a "verdadeira" intención da Xunta ao lembrar os "obxectivos ambiciosos" incluídos na Lei de Acompañamento, relativos á limpeza das franxas de seguridade ou á protección dos núcleos residenciais, pistas e estradas. Estes, con todo, adoeceron de "medios insuficientes" por parte do Goberno galego, criticou.

Nesta liña, acusou á Xunta de "sobrecargar" aos concellos con obrigacións relacionadas coa prevención cando estas administracións están "asfixiadas" polo Ministerio de Facenda xa que a regra de gasto "impide contratar un persoal imprescindible" para a limpeza das franxas antes de que termine maio.

Ante estas cuestións, concluíu que "a vella política de prevención de incendios segue estando vixente" e "provocando o incumprimento das normas e a discrecionalidad da administración autonómica". "A Xunta non cambiou os métodos, nin lle concedeu máis recursos aos concellos, nin encetou campañas eficaces de concienciación", manifestou.

PROPOSTAS

Neste punto, o portavoz parlamentario do PSdeG lembrou a proposta dos socialistas galegos, presentada no último debate da Lei de Acompañamento, para constituír unha axencia autonómica "cento por cento pública" que se responsabilice do cumprimento das obrigacións de prevención en colaboración cos municipios.

Ademais, lamentou que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejióo, asegurase non cumprir as obrigacións autonómicas en materia de limpeza de montes. En concreto, o pasado venres, Feijóo lembrou aos concellos que a obrigación legal de limpar os montes "leva 10 anos" e asegurou que "este é un incumprimento do conxunto do país", "empezando" por si "mesmo".

Leiceaga relacionou esta actitude coa do propio director xeral de Montes, Tomás Fernández Couto que, segundo indicou, hai un ano "recoñecía" que nin a Xunta estaba en condicións de executar a súa propia normativa en materia de Montes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.