Traducido ao galego o auto alemán sobre a orde de entrega de Carles Puigdemont

Os profesores Marta García e Xosé Manuel Pacho, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, valoran a importancia de poder coñecer de primeira man a argumentación do veredicto.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/05/2018

O 5 de abril facíase pública a resolución do Tribunal Superior do Land de Schleswig-Holstein (Alemaña) sobre a orde europea de entrega de Carles Puigdemont —ex-presidente da Generalitat catalá— emitida polo instrutor do Tribunal Supremo español, Pablo Llarena. O tribunal alemán acordou que non procede a extradición polo delito de rebelión, e requiriu información complementaria ás autoridades españolas para unha decisión definitiva no que se refire á entrega polo delito de malversación de caudais públicos. O texto orixinal, en alemán, chegou á opinión pública a través dos medios de comunicación. Agora pode ser consultado en galego grazas á tradución dos profesores Marta García e Xosé Manuel Pacho, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.

García e Pacho explican que “o contido da resolución xermana achegaba moitos máis datos e matices” dos que trasladaron os xornalistas. De aí xorde a idea de traducir a resolución ao galego, un paso que permite ter acceso ao texto orixinal íntegro. Segundo os docentes, para calquera xurista, incluíndo o estudantado de Dereito, “o acceso ao documento-fonte, nun tema coma este, de tanta transcendencia social, é de sumo interese para coñecer de primeira man a argumentación na que se sustentaba o veredicto”. Neste sentido, consideran que esta é a única vía para “formarnos opinión propia sobre a decisión concreta e tamén ter os elementos precisos de análise das distintas posicións e reaccións sobre o asunto nos medios de comunicación en España”.

A idea orixinal era achegar a tradución ao alumnado da materia de Dereito Penal II do grao en Dereito pero, dada a repercusión do tema, apostaron por darlle máis visibilidade e, finalmente, o texto en galego está dispoñible para a súa consulta na plataforma web da Irmandade Xurídica Galega, da que Xosé M. Pacho forma parte.

Agora García e Pacho traballan na posta en marcha dunha plataforma dentro da Universidade de Vigo na que se poida publicar documentos xurídicos destas características posto que, “con independencia de que despois fagamos publicacións técnicas sobre isto, entendemos que unha sociedade informada dará mellor respostas aos problemas actuais”. Para isto conta co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade e agardan poder sacala adiante. 

A posta en común dos coñecementos destes profesores permitiu, “tras moitas horas de traballo conxunto”, presentar esta resolución da xustiza alemá en galego nun texto “o máis axustado ao orixinal posible”. Ademais, para “maior claridade e transparencia”, decidiron incorporar unhas breves notas explicando ou xustificando as súas eleccións durante o proceso de tradución.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

anonimo

Moi boa iniciativa!


Carles Puigdemont / @KRLS.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.