A Coordinadora de En Marea vincula agora a súa continuidade ao resultado da consulta sobre Paula Quinteiro

Os integrantes da Coordinadora de En Marea consideran que a súa continuidade debe ligarse ao resultado da consulta sobre a deputada Paula Quinteiro, que se viu envolvida nun incidente coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2018

Os integrantes da Coordinadora de En Marea consideran que a súa continuidade debe ligarse ao resultado da consulta sobre a deputada Paula Quinteiro, que se viu envolvida nun incidente coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo.

Ese é o "sentir" dos seus integrantes, segundo trasladou Gonzalo Rodríguez, que exerce así de portavoz dos membros. Aínda que inicialmente falou de dimisión, posteriormente matizou que non se trata de que os integrantes da dirección, que capitanea Luís Villares, vaian deixar os seus cargos nada máis coñecer o resultado.

En todo caso, os membros da coordinadora trasladaron esta idea a través de Gonzalo Rodríguez unha vez que xa comezou a votación da consulta, ás 10,00 horas deste martes, unha consulta que arrincou con normalidade segundo fontes consultadas por Europa Press. "Sentirémonos concernidos", asegurou Gonzalo Rodríguez, quen entende que a dirección tería que "escoitar" aos inscritos da mesma maneira que piden que así o faga a deputada.

Os inscritos de En Marea, preto de 2.400 no censo, poden votar de forma telemática e cambiar o sentido do seu voto ata que conclúa o prazo, este mércores ás 22,00 horas.

Con todo, os afíns a Paula Quinteiro opuxéronse a participar neste proceso e impulsaron un manifesto que ao comezo da votación da consulta xa contaba con máis de 600 apoios, aínda que non é necesario ser inscrito de En Marea para adherirse ao escrito.

En declaracións aos medios este martes nos corredores do Parlamento, a propia deputada volveu a sinalar que non participará nun proceso que denuncia non debeu ser unha consulta, senón un "revogatorio" para poder contar con "garantías". Ademais, reprochou que a pregunta formulada aos inscritos é "tendenciosa" porque presupón, dixo, uns feitos que asegura que non ocorreron.

ELECCIÓNS INTERNAS

A renuncia da Coordinadora, de producirse, abriría a posibilidade dunhas eleccións internas na formación rupturista para volver conformar os órganos de dirección.

Forzar uns comicios internos chegou a ser unha opción que barallaron os críticos, en minoría no Consello das Mareas actualmente, para desbancar á dirección que lidera Villares. Dáse a circunstancia de que o actual portavoz accedeu a este posto despois de recibir o apoio das outras dúas listas de candidatos que se presentaron nas eleccións internas, xa que a súa candidatura non o apoiaba para que compatibilizase o cargo orgánico co parlamentario, o que lle valeu a división interna actual.

Neste escenario, o sector descontento coa actual dirección tería agora unha posibilidade de tentar conseguir ese cambio de dirección participando na votación; aínda que, doutra banda, manifestáronse en contra de participar na consulta interna sobre Paula Quinteiro, quen dixo que non atenderá ao resultado desa votación nin dimitirá do seu escano.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
3

Gamela

Que se marchen todos da POLÍTICA e SORTEAMOS os cargos entre os galegos! Visto o visto sería o procedemento máis democrático posible !!! Malo será que o resultado do SORTEO fose peor do que temos na actualidade !!!


2

¿a quién le importa?

Que mágoa que non haxa por ahí un meme de cactus rodante no deserto para que se note ben o nada que lle interesa á xente esta noticia.........O..o.............. Por certo #EuConPaula Absención!

1 resposta
1

Por ExMarea: Pois a xulgar pola túa intervención a ti xa pareceque é un a quen lle importa. O que se abstén otorga. Así que despois non protestes. Paula dimisión!!! Votos meus nunca máis.


1

¿a quién le importa?

Que mágoa que non haxa por ahí un meme de cactus rodante no deserto para que se note ben o nada que lle interesa á xente esta noticia.........O..o.............. Por certo #EuConPaula Absención!


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.