O 85% dos 928 inscritos que participaron na consulta de En Marea cre que Paula Quinteiro ten que dimitir

Do total do censo de 2.390 persoas que podían votar, exerceu o seu dereito a participar case o 39 por cento dos integrantes de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2018

O 85% dos 928 inscritos de En Marea que participaron na consulta sobre a dimisión de Paula Quinteiro, que se viu envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo, considerou que a deputada debe presentar a súa dimisión á acta de parlamentaria.

Do total do censo de 2.390 persoas que podían votar, exerceu o seu dereito a participar un total de 928 inscritos, o que implica case o 39 por cento dos integrantes de En Marea.

Deles, un total de 790 votaron si á pregunta formulada, mentres que os 138 restantes consideraron que a parlamentaria non tiña que deixar a súa acta parlamentaria. Isto significa que, do total de inscritos que participaron na consulta, o 85,1% votou si e o 14,9 por cento, que non.

Mentres, se se ten en conta o total de inscritos de En Marea, o resultado arroxa que case o 33% do censo da formación pide que deixe a súa acta, fronte a dúas de cada tres que opta por non pronunciarse na consulta ou por facelo en contra de que deixe a súa acta.

As bases de En Marea tiñan que contestar "si" ou "non" á pregunta: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

VINCULARON OS SEUS CARGOS

Nas últimas horas, a Coordinadora de En Marea —que lidera Luís Villares e promoveu a consulta— vinculara a súa continuidade ao resultado da consulta, aludindo a que tiñan que sentirse "concernidos" polo que os inscritos decidan e ser coherentes coa súa postura, en palabras do seu integrante Gonzalo Rodríguez.

Mentres, en días pasados, a afectada, Paula Quinteiro, esgrimiu "indefensión" no proceso previo e asegurou que non acataría a decisión resultante da consulta, pero que si se sometería a un proceso revogatorio interno.

Próximos á deputada impulsaron un manifesto no que chamaban a non participar e que pouco antes da consulta superaba as 600 sinaturas, aínda que neste caso non fai falta ser membro de En Marea para poder sumarse ao documento. Ao peche da votación, superaba os 800 apoios, segundo os datos achegados polos impulsores.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

31 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 22

    a marea e de podreiros

    E os outros autorizando a mansión do grande dirixente Waldo das JONS, o chamado coletas, a mansión e o estilo do feudo pero moito mais pequeña pois soamente ten un andar de 220 m2 mais un-ha casa para o servizo de 40 m2 e triste verdade o que esta organizando a marea de podreiros, o seu cinismo a sua hipocresía e a sua entrega a expaña os fan complices de todolas sinvergonzonerías que vemos


    21

    LVM

    Canta carraxe. Non me gustan nin bloque nin anova nin EnMarea. Nin paula. Pero si que teño clarísimo que os "expertos en politica" que leo por estes lares levan tantas décadas con loitas intestinas que olvidan que hai políticas que poden afectar a todas as CCAA. Gustame ser transversal. E moi infantil a mesma teima de sempre que se algo se impulsa dende a casiña xa e valido. Pero se sr pensa que ven "de Madrid" xa non vale. O pp esta en todas partes e é o inimigo ao que enfrontarse. Vivenda. Sanidade. Educación. Serv Sociais. E moito mais. E no que hay que pensar.


    20

    Ling Chung

    Nunca unha nulidade deu tanto para falar. É certo que na política cada vez hai xente máis patética. Vendo a media de preparación para a política que había hai 25 anos no PP, BNG, PSOE, PSG-EG e incluso IU e vendo a morralla que invade hoxe todos estes partidos mete medo. Dá igual as ideas de cada un, pero hai anos tiñan certa dignidade política; hoxe, salvando honrosas excepcións, é de pena, para botarse a chorar. Vemos xente que apareceu da nada, que lles tocou a lotería electoral e agora irse daí para eles é como ir ao inferno. Criticaban certa xente que no fondo son infinitamente mellores que eles. LIXO¡¡¡ Estades acabando coa esperanza da xente, desmobilizando ao mellor da sociedade. Liscade daí.


    19

    Alberte

    ¡No me vooy! ¡Me queeedo!


    18

    Pondaliao

    O último que peche!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • A deputada de En Marea Paula Quinteiro / Europa Press

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.