A Cámara de Comercio de Santiago, “caso de éxito” no proxecto europeo “Pre-Solve”

Un total de 69 empresas galegas participaron neste programa impulsado pola UE que axuda a mellorar a xestión e competitividade das empresas.

Por GC Emprende | Bruxelas | 07/06/2018

A Asociación Europea de Cámaras de Comercio e Industria (Eurochambres) anunciou que a Cámara de Comercio de Santiago debe considerarse como un “caso de éxito” do proxecto Pre-Solve de prevención de negocios errados. Unha mención que consigue tanto polo número de empresas participantes –69 desde o inicio da convocatoria hai dous anos e medio–, e a satisfacción demostrada polas mesmas nas enquisas elaboradas tralo peche da convocatoria.
 
O proxecto Pre-Solve ten como principal obxecto ofrecer apoio a medida aos emprendedores e ás empresas poñendo ao seu dispor ferramentas de apoio para mellorar a súa xestión e competitividade. En concreto, búscase ofrecer aos empresarios acceso a unha análise da súa situación económico-financeira e empresarial. 
 
Ademais, ofrécese apoio a medida en distintos niveis: financeiro, legal, estratéxico, comercial, e psicolóxico. Tamén se traballa no desenvolvemento dun plan para unha segunda oportunidade empresarial. Este proxecto europeo está coordinado pola Eurochambres e executado por catorce Cámaras de Comercio de oito países europeos.
 
A Cámara de de Santiago de Compostela asistiu esta semana ao acto de presentación das conclusións e peche do proxecto europeo “Pre-Solve” na Cámara de Comercio e Industria de Bruxelas. A técnico cameral Belén Mendoza asistiu á reunión coa emprendedora Mercedes García da empresa Indramejorla para presentar as conclusións do proxecto a nivel local.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Belén Mendoza, da Camara de Comercio de Santiago, presenta o seu proxecto no proxecto Pre-Solve de prevención de negocios errados da UE / Cámara de Santiago

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.