O BNG elixe a Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera candidatos ás alcaldías de Santiago e A Coruña

Con Lores, Arroxo e Rivas perfilados como candidatos en Pontevedra, Lugo e Ferrol, só falta anunciar os de Ourense e Vigo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/06/2018

Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera serán os candidatos do BNG ás alcaldías de Santiago e A Coruña, respectivamente, nas eleccións municipais do próximo ano. As localidades coruñesas acollen este venres as asembleas nas que os militantes frontistas referendarán a Sanmartín e Jorquera como cabezas de lista para os comicios da próxima primavera.

Os nomes da vicepresidenta da Deputación da Coruña e o do presidente da Fundación Galiza Sempre son os escollidos pola dirección nacional do Bloque e, previsiblemente, serán referendados polas asembleas locais da formación frontista.

Así, Sanmartín substituirá ao actual portavoz do BNG en Santiago, Rubén Cela, candidato nas dúas últimas citas electorais e que hai dúas semanas anunciou que non repetiría o próximo ano por motivos "exclusivamente" persoais.

Á súa vez, o candidato do BNG á Presidencia da Xunta nas autonómicas do ano 2012, Francisco Jorquera, encabezará a lista coa que os nacionalistas tratarán de mellorar o resultado obtido na cidade herculina no ano 2015, cando tan só lograron unha acta de concelleira, ocupada por Avia Veira.

Deste xeito, a formación que lidera Ana Pontón continúa co proceso de elección de candidatos para as municipais, que espera ter definidos antes do 25 de xullo, polo menos nas sete principais cidades.

Así, confirmado que Miguel Anxo Fernández Lores aspirará a lograr o seu sexto mandato en Pontevedra e que Rubén Arroxo e Iván Rivas encabezarán de novo as listas de Lugo e Ferrol, respectivamente; coa elección de candidatos na Coruña e Santiago tan só faltan por despexar as incógnitas de Ourense e Vigo, onde o BNG quedou sen representación na última cita coas urnas.

SANMARTÍN E JORQUERA

Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, Goretti Sanmartín —A Estrada (Pontevedra), 1964— é coordinadora da Executiva nacional do BNG. Ademais, é edil no Concello de Santiago desde 2015, ano no que se converteu en vicepresidenta da Deputación da Coruña grazas ao pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas.

Francisco Jorquera —Ferrol, 1961—, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi elixido senador por designación autonómica no ano 2005 en substitución de Anxo Quintana. Tres anos máis tarde logrou un escano no Congreso logo de encabezar a lista do BNG nas eleccións xerais de 2008, resultado que repetiu en 2011.

Jorquera retornou a Galicia para optar á Presidencia da Xunta nos comicios autonómicos de 2012, nos que o BNG caeu até os sete escanos. Ostentou a portavocía parlamentaria durante a pasada lexislatura e, ao termo da mesma, anunciou a súa renuncia a ir nas listas electorais. Desde entón, preside a Fundación Galiza Sempre, ligada á formación frontista.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

25 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 10

    GrazasBeiras

    Teño que dicir que Sanmartín non esperta a miña ilusión pero, ben, supoño que a experiencia no traballo institucional fará que, de ter responsabilidades de goberno, nin se poña nerviosa, nin cometa erros que fagan paralisar os asuntos da cidade, ou, dios non o queira, remate con xente na cadea coma aconteceu noutros lugares. Si, entendo a crítica e desprezo a caricatura peideiril da meirande parte dos coments.

    3 respostas
    1

    Por Marijuana: Goretti Sanmartín (cando os funcionarios e apóstolos 'normalizadores' e quentadores de escano na Real Española Academia Gallega van normalizar o seu apellido?), dis Goretti Sanmartín de La Palma "de ter responsabilidades de goberno" en Compostela??? Ti daslle o licor café ou fumas ervas???

    2

    Por GrazasBeiras: É un suposto porque, ó contrario de ti, non teño unha bola do futro nin sei o que pode pasar daquí a un ano. Así que acouga, crianza.

    3

    Por GrazasBeiras: É un suposto porque, ó contrario de ti, non teño unha bola do futuro que diga o que pode pasar daquí a un ano. Así que acouga, crianza.


    9

    Galego non sometido

    A ver mareistas, logo vides dar clase de democracia?. @s teledirixid@s dende un despacho da Complutense, que se poñen de xeonllos a base de tuits, ides impartir agora maxisterio, menuda retranca que tedes. Agardamos a elaboración das listas pola vosa parte, eso si, cun botiquín de primeiros auxilios preparado.

    1 resposta
    1

    Por Galego maior de idade: Claaaaaaaaro que as Mareas son teledirixidas desde a Complutense, desde o PcE e desde o chalet de Galapagar de la Sierra. Tan evideeeeeente como que as bases do BNG non pintades naaaaaadiña de nada: os coronéis escollen o cartel e vos aplaudides. Con Franco o xogo das eleccións tamén era así: a tragaaaaaaar e os colocados a dedo a disfrutaaaaaaar!!! E sodes ambos, mareados e bloqueiros, tan servos sometidos e agradecidos ao amo que presumides de que outros decidan por vos!!! Hai colonizados, hai elites e hai castas, e tamén hai lacaios orgullosos de selo!!!


    8

    Fran do Covelo

    Cando despertei despois de 30 anos, Jorquera e Goretti, un chisco máis enrugados, seguían alí...


    7

    Serafín

    O pior do BNG é que os que nomean e os nomeados a dedo non enxergan que ELES e só ELES son o problema. Que a estratexia é suicida: non perder o control, non ceder poder ás bases, non abrirse á sociedade fai o BNG unha organización finiquitada! A estas alturas, despois de resultados aplastantes, con derrotas consecutivas, manter na cabeza a Jorquera e Goretti é medo a novas ideas e persoas, ademais de total falta de esperanza. Un suicidio seguro, sen perder o iluminado coronel que tan mal manda na tropa. Cando os experimentos das Mareas de Podemos e as baixadas de calzas de Martiño e Ferreiro ante Madrid son evidentes, hai quen pensa que se pode voltar ao pasado. Pois non, a dobre experiencia de Podemos debe darnos unha lección básica: a necesidade de dar participación á xente mantendo a desconfianza en Madrid. Organización galega autónoma, non títeres manexados desde fóra nin desde o pasado.

    2 respostas
    1

    Por Me mareo: E o peor dos blocólogos criticóns é que seguides turrando coa mesma leria aínda depois de demostrarse mil veces falsa. Ou es liberado da Marea?

    2

    Por Serafín: O triste é que hai títeres que disfrutan se quen manexa os fios se fai pasar por galego, moi galego e auténtico galego. Mesmo sendo marca branca do PsoE, caso BNG, papelón no que moitos aspirantes a chupópteros das Mareas aspiran a sucedelos. Ou cando os supostos líderes salvadores non teñen oficio non beneficio fóra da política profesional (chámese Jorquera, Pontón, Noriega, Pam, Toné ou Jorge). E si, xa sabemos que por aquí abondan os comentarios de liberados (para mostra o teu), pois non acredito que secas tan inocente para ir polo mundo agachado e cosas calzas baixadas.


    6

    O que queda do BNG

    Burócratas de partido que non deron pancada da p*** vida. Xulio é un xuíz recoñecido e admirado, Martiño é un médico de familia cercano á veciñanza. Estes quen son? Alguén os coñece fóra da secta supremacista de "auténticos galegos"?

    5 respostas
    1

    Por Marga: Tampouco non hai que faltar... Jorquera xa ten demostrado ser persoa de ben. Ferreiro é un profesor de Procesual da universidade da Coruña, xuíz substituto ocasional (e por pouco tempo), e iso non o fai mellor nin pior. Os ataques "ad personas" son algo ruíns. Criticábeis son os discursos e a práctica política. (E empregar "supremacista" é moda españolista; supremacista é o ku kux klan).

    2

    Por Marga: Sanmartín fai o mesmo que facía Ferreiro: ser profe na UdC.

    3

    Por Tocabolas: E Martiño é un Médico de Familia que endexamais exerceu como tal (quitado a ponte de mando do chiringuito-chollazo para escollidos do 061, que vén sendo medicina a distancia e sen salpicaduras) e Suspendeu a Última Oposición a Médicos de Familia á que se apresentou...vamos, un profesional da Política, queira-o ou non.........así que, menos lobos a ouveardes, please.....

    4

    Por Calvo sen pucha: Iso, o Golfiño sucesor tampouco traballou moito de nada, el é alcalde de profesión e cobra 3000 e ben que fai aínda que algo de morro ten por ter votado en Lanueva Enemistaz Regionalista que ía cobrar 1000 ou pouco máis

    5

    Por bautista do unto: Calvo sen pucha: Poderías explicar cal é a profesion, e onde traballaron, Ana Poltrona e Jorquera ?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera / Europa Press

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.