A escisión no proxecto do alcalde Jorge Suárez dá como resultado o nacemento da Marea de Ferrol

Liderado por Esther Leira, aseguran que comparten os "principios fundamentais" de En Marea e que levan traballando neste proxecto un ano. O alcalde Jorge Suárez di "respectar todas as opcións políticas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2018

Marea de Ferrol, o novo proxecto municipalista nado dunha escisión de Ferrol en Común, foi presentado pola edil non adscrita na corporación departamental, Esther Leira, que foi expulsada hai un ano do grupo de goberno polo seu enfrontamento coa liña oficial que encabeza o rexedor ferrolán, Jorge Suárez.

"Marea de Ferrol é un proxecto municipalista, inclusivo, onde imos traballar polos intereses de Ferrol e das súas persoas", asegurou Esther Leira, que ostentou, até a súa expulsión en xuño de 2017, a concellaría de Obras, Rehabilitación, Vivenda e Medio Ambiente.

Leira, que desde entón se mantén na corporación ferrolá como edil non adscrita, foi a encargada de presentar este venres a Marea de Ferrol, un proxecto que, segundo a ex-membro de Ferrol en Común, se fraguou "durante todo este ano" e que conta xa "con medio cento de integrantes".

"Compartimos os principios fundamentais de En Marea, por ser un proxecto municipalista de unidade popular, onde a inscrición é de carácter individual", declarou Leira, que quixo diferenciar Marea de Ferrol respecto de Ferrol en Común: "Somos un proxecto completamente diferente, xa que este último a día de hoxe é unha coalición de partidos".

Así, trasladou que "a inscrición como partido xa hai tempo que se enviou ao Ministerio do Interior" e que, así mesmo, xa contan cunha estrutura orgánica e unha organización por comisións que traballan xa en ámbitos "como a comunicación" ou a elaboración do programa electoral para as eleccións do próximo ano.

Nos comicios, Marea de Ferrol podería competir contra Ferrol en Común e outro proxecto escindido do goberno ferrolán, Actúa Ferrol, encabezado por Carlos do Río e que será presentado o próximo día 30.

PROXECTO MUNICIPAL

Leira destacou que neste proxecto se busca "harmonizar os intereses das persoas e converterse nunha iniciativa posta na vida real das persoas".

Ademais, engadiu que Marea de Ferrol buscará "unha calidade dos servizos básicos, con infraestruturas viarias coidadas e mantidas, así como un transporte público urbano municipal que cubra as necesidades de todos os barrios e parroquias".

Marea de Ferrol celebra na noite deste venres unha cea de confraternización, na que, segundo confirmaron os seus promotores, teñen previsto acudir varios membros da coordinadora de En Marea.

Ademais, aseguraron que o portavoz rupturista, Luís Villares, tamén foi convidado, pero declinou a invitación por cuestións de axenda.

REACCIÓNS DO ALCALDE

O alcalde Jorge Suárez asegurou que Ferrol en Común respecta "todas as opcións políticas", en referencia á presentación de Marea de Ferrol-

Suárez xa anunciou a súa intención de optar á reelección, algo que ninguén conseguiu na cidade de Ferrol nos anos da democracia. "Vai ser unha cita electoral na que, se todo o que se está anunciando se vai a presentar, como Sentimento Ferrolán ou o Partido dos Xubilados, vai ser un abano inmenso onde escoller e a cidadanía será a que teña a última palabra", trasladou Jorge Suárez.

O rexedor ferrolán realizou estas declaracións este venres no acto de presentación do 'III Encontro Municipalista', que reunirá ás mareas de toda Galicia no Ateneo de Ferrol o próximo 30 de xuño.

"Nós non imos contra ninguén, imos coas nosas voces e proxectos para tratar de cambiar a cidade e non queremos ir contra outra forza, senón que estamos a favor dos veciños de Ferrol", remarcou Suárez.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
3

Gamela

Marea de Vigo - Marea de Ferrol = Harmonizar os intereses deles !!! Baixo o lema confuso da "inscrición persoal" agóchase un partido de toda a vida...! https://i.gal/gamela05 O PP de Feijoo debe estar a celebrar tanta escisión na mal chamada oposición !!!

1 resposta
1

Por Un galego: Oposición só hai unha. A que houbo toda a vida. O demais é soñar. Pero iso é de balde...


2

antiburras

Ferrol en Común non é máis que Izquierda Unida xunto con un ex-Compromiso con Galicia que so busca manter o seu salario. Nestes 3 anos toda a política de Izquierda Unida foi dar continuidade á política do PP. Mantén tódolos servizos publicos PRIVATIZADOS, acabou coa participación cidadá e os orzamentos participativos, ten a zona rural completamente abandonada e de case 500 inscritos en Ferrol en Común, despois das moitas purgas, agora non chegan a 100: Izquierda Unida e media ducia de Anova


1

O VIEIRISMO ATACA

Desesperación da -Vieirista que pretende tomar o Ferrol atraves dunha nova marea "tsunami" tipo Carmen la roja, o saber xa da enquisa que da un.ha nova caída do podreiro de entre 14-17 puntos, onde ficaron as propostas do AGE¿? que foi do intento transformador ... alguen o sabe? non todo foi culpa do alcalde neste caso, como os xa acomodaticios alcaldes de coruños e santiAGE de componendas, non esquezan o ultimo alto da -Vieirista-podreiros entregando ciudades o PePeiro, aquí están as suas obras, aquí están os seus desastres, prometeron moito e non deron nada, o pobo esta entregado atado de pes e maos, agora é vitima da propaganda, dos intentos de manipulación, da organización de frontes mareantes diversos, en Ourense, podreiros aceitara o alcalde elexido polo cenáculo de 21 militantes do comité central do comunista PCE, aquí están as suas eleccións participativas, aceitara o podreiro o aborto!!! , asi resperon os resultados da democracia...

1 resposta
1

Por Marga: Coiro, Cancio, volves falar galego?


Presentación de Marea de Ferrol / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.