Un CEIP de Ames quere converterse nun "colexio intelixente"

O colexio de Barouta inicia a idea de "Embaróuta- T: nó sostible: un colexio intelixente, conectado e vinculado a calquera parte do mundo, que colleu forza tras ser premiada no concurso Proxecta Innovación.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 13/07/2018

O CEIP de Barouta gañou o primeiro premio da quinta edición do concurso Proxecta Innovación. Trátase dun certame de ideas para a aula que organiza a Plataforma Proxecta, o espazo educativo da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O colexio amesán presentouse a dito concurso co proxecto "Embaróuta- T: nó sostible" de colexio intelixente, conectado e vinculado a calquera parte do mundo. Así pois, recibirá unha contía de 7.880 euros (o 80% do importe solicitado), para poder desenvolver o devandito proxecto de smartschool.

EN QUE CONSISTE UNHA SMARTSCHOOL?

Este proxecto pretende a transformación do propio centro, a través da robótica e o tratamento de residuos, nunha smartschool: nun colexio intelixente, conectado e vinculado a calquera
parte do mundo e onde se promovan aprendizaxes significativas desde as capacidades e
orientados ás expectativas dos alumnos.

O pasado 24 de maio os representantes dos seis proxectos finalistas do V Concurso Proxecta Innovación tiveron a oportunidade de explicar e defender os seus proxectos ante o xurado do certame no XII Encontro inspiraTICs. Con grandes doses de entusiasmo e ambición, todos os proxectos foron subindo ao escenario para presentarse, algúns con docentes e outros tamén con alumnos.

O fallo do xurado non se fixo esperar demasiado, e comunicaron a súa resolución á organización do concurso un par de semanas máis tarde. Deste xeito, o CEIP de Barouta foi premiado co primeiro premio por un proxecto educativo sustentable, apoiado polo Concello e a ANPA, que servirá para que os alumnos usen a robótica en proxectos ambientais. Reciclar os plásticos é o pretexto dun plan que involucra a todo o centro.

O segundo premio foi para o proxecto "Hortus Cultus 3.0", do CEIP Balaídos de Vigo, e o terceiro premio levouno o proxecto "Realiz-Arte", do CPR Compañía de María da Coruña. Ademais, concedéronse 3 accésits, para os proxectos "Curtas Inma", do CPR La Inmaculada - La Salle, de Santiago; "Plataforma #Educagram", do IES do Castro de Vigo; e "Mastigar e dixerir un libro: a Fraga Milmañas", do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo.

SACA O PLÁSTICO DA AUGA

Por outra banda, este ano dende o CEIP de Barouta realizouse un PDI (Proxecto Documental Integrado) relacionado coa ecoloxía, reciclaxe e a alimentación saúde. Foi un traballo de investigación moi intenso, que serviu para presentarse aos V premios Proxecta innovación e obter o primeiro premio deste certame. Deste xeito, fóronse introducindo pequenos cambios no día a día do colexio como a iniciativa “Saca o Plástico da Auga”. Trátase de deixar de usar envases de plástico e cambialas por novas cantimploras “EmBarouta-T”.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Comeza a volta ao colexio

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.