Morre Ernesto Chao, un dos grandes actores galegos dos últimos tempos

O seu papel como Miro Pereira en Pratos Combinados encumiouno no mundo televisivo xunto a Mabel Rivera. Levaba anos loitando contra unha enfermidade que mesmo o apartou da presidencia da Asociación de Actores e Actrices.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/08/2018

Morreu Ernesto Chao, un dos grandes actores galegos dos últimos tempos. Nado en Riadavia en 1943, Chao fíxose archicoñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados.

Segundo as fontes consultadas por GC, o actor levaba tempo loitando contra unha longa enfermidade. Morreu na madrugada deste luns, 6 de agosto, en Santiago, e será enterrado nesta cidade, o martes.

Ernesto Chao tivo unha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira que comezou con 26 anos. De feioto, foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87) e presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O actor Ernesto Chao / pinterest

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.