Bolsas para que persoas con discapacidade amosen o seu talento empresarial

Neste programa da Fundación ONCE, hai dúas modalidades de bolsa financiadas por Viaqua e a Fundación Aquae: unha de mobilidade internacional, que consiste no intercambio con empresas estranxeiras, e outra de posgrao, para optar a unha primeira experiencia formativa realizando prácticas.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 07/08/2018

A V edición do Programa de Bolsas "Oportunidade ao Talento" da Fundación ONCE xa está en marcha. O seu obxectivo, un ano máis, é apoiar a formación universitaria, a especialización e a carreira académica das persoas con discapacidade para, desta maneira, promover a súa inclusión laboral en empregos técnicos e altamente cualificados do sector público e privado. E Viaqua e a súa fundación, Fundación Aquae, amparan a iniciativa co financiamento de dúas bolsas, unha de posgrao e outra de mobilidade internacional. O prazo para solicitalas remata o 30 de setembro. 

DÚAS MODALIDADES DE BOLSA

A bolsa de mobilidade internacional, que Viaqua e Fundación Aquae financian cunha dotación de 6.000 euros, ten como obxectivo fomentar a presenza de estudantes con necesidades especiais en programas de intercambio con universidades estranxeiras para mellorar a súa formación, as súas habilidades profesionais e a súa capacitación lingüística. Esta bolsa está dirixida a alumnos e alumnas de grao ou equivalente e de máster, matriculados ou preinscritos nalgunha universidade ou institución universitaria oficialmente recoñecida. Os interesados terán que acreditar un nivel de coñecemento B2 da lingua na que se impartirá o curso.

Pola súa banda, a bolsa de posgrao, valorada en 3.000 euros, permitirá a estudantes con discapacidade, que acrediten estar en disposición dun título de grao relacionado co medio ambiente e/ou a auga, ampliar a súa formación nestas disciplinas. O estudante bolseiro poderá optar a unha primeira experiencia formativa, realizando prácticas nas empresas do
grupo Suez, segundo as necesidades da compañía. Con iso preténdese facilitar o acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorar así a súa empregabilidade e carreira profesional. Con esta iniciativa facemos fronte á problemática que sinala o estudo "A empregabilidade dos estudantes e titulados universitarios con discapacidade", elaborado por Fundación ONCE e a UNED, no que se indica que só o 7,5% dos alumnos con discapacidade realizou prácticas extracurriculares relacionadas cos seus estudos.

O DESEMPREGO ENTRE AS PERSOAS CON NECESIDADES ESPECIAIS 

"En España hai máis de 1.800.000 persoas con necesidades especiais en idade laboral (16-64 anos), o que supón o 6,1% da forza de traballo, pero actualmente tres de cada catro persoas nestas circunstancias están desempregadas. E dos que traballan, o 91% faino con contratos temporais. Gustaríanos contribuír, na medida do posible, a reverter esta situación de tal forma que este colectivo non só poida formarse nas mellores condicións, senón que tamén poida estar en disposición de optar a empregos de máis calidade", sinala Mariola Urrea, presidenta do Consello de Estratexia e Supervisión de Fundación Aquae.

O programa ‘Oportunidade ao Talento’, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020, inclúe 54 bolsas que pretenden promover unha formación de excelencia, a mobilidade transnacional, a especialización dos estudantes con discapacidade en áreas de especial empregabilidade, así como a compatibilidade da práctica deportiva de competición cos estudos. Tamén persegue aproveitar o seu potencial para impulsar a carreira académica e investigadora dos universitarios con discapacidade, fomentando así a súa inclusión nas universidades como persoal docente e investigador e en empregos de calidade.

QUEN PODE SOLICITAR AS BECAS E COMO?

Todos os estudantes e titulados universitarios que teñan nacionalidade española e unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33% poden solicitar estas bolsas, a través do formulario http://becas.fundaciononce.es. Como consecuencia do acordo establecido en 2013 entre Fundación Aquae e Fundación ONCE, o volume de traballadores con algunha discapacidade que traballa nas marcas locais do grupo Suez xa supera o 2% que a lei establece para empresas públicas ou privadas que conten cun persoal superior a 50 empregados.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un estudante das becas Oportunidade ao Talento / Viaqua

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.