Unha persoa falecida e 17 feridas nun accidente entre un turismo e un microbús en Bóveda

No microbús viaxaban os convidados dunha voda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2018

Unha colisión ocorrida ao redor das oito da mañá deste domingo en Bóveda (Lugo) entre un turismo e un microbús saldouse co falecemento do condutor do automóbil, un mozo de 36 anos, e con 17 feridos, que viaxaban no autobús.

Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias do 112 Galicia, o sinistro produciuse na estrada CG 2.2, no punto quilométrico 40,800.

Tras recibir a alerta do sinistro ás 7,56 horas, o 112 púxose en contacto con urxencias médicas e coa Garda Civil. Así mesmo, transmitiu o aviso aos bombeiros de Sarria, que tiveron que proceder á excarceración do único ocupante do turismo e que faleceu no lugar.

Urxencias Sanitarias do 061 desprazou até o punto a un helicóptero medicalizado e a unha ambulancia medicalizada, catro ambulancias de soporte vital básico e 2 equipos sanitarios do PAC de Sarria.

Entre os feridos, un foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago en helicóptero; outro ao hospital A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Monforte; 6 ao Hospital Universitario de Lugo (HULA) --tres deles, menores de idade--, e dous foron atendidos no punto pero sen ter que ser trasladados, segundo concretou o 061.

NO MICROBÚS VIAXABAN CONVIDADOS DUNHA VODA

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, explicou a Europa Press que o accidente, ocorrido no corredor entre Lugo e Monforte, produciuse á altura da parroquia de Xulián, cando o automóbil, segundo os primeiros datos dos que dispuña, colisionou contra o microbús, que no seu intento por esquivalo, acabou mesmo "chocando contra o gardarraíl".

O microbús, dunha empresa de Sarria, trasladaba aos invitados dunha voda que se celebrou en Rubiá e cuxo banquete tivo lugar en Chantada, relatou Arias. Os invitados, familiares e amigos do noivo e "procedentes na súa maioría de Barcelona", desprazábanse cara ao seu hotel a Sarria.

A Garda Civil indicou que se abriu unha investigación para determinar as causas do sinistro viario.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



AUTOBUSES LARGA DISTANCIA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.