O 061 atendeu a 104 persoas por 66 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana en Galicia

Pontevedra foi a provincia con máis sinistros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2018

O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 104 persoas debido a 66 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

Diso informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que precisa que o período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres até as 23,59 horas do domingo. O día no que se rexistraron máis incidencias foi o sábado, con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 77 chamadas en relación cos accidentes de tráficos.

Estas alertas motivaron 66 asistencias sanitarias por arte das persoas do 061, que atendeu a unhas 104 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67% e do 33%, respectivamente. Ademais, o 39% dos feridos tiña entre 25 e 39 anos.

DATOS POR PROVINCIAS

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes, con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Séguelle A Coruña, con 25; Ourense, con 10; e Lugo, con 5 sinistros de circulación.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 91. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres accidentes, o helicóptero medicalizado en dúas ocasións e as ambulancias asistenciais en 74 sinistros.

Ademais, os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove accidentes. Pola súa banda, as ambulancias convencionais asistiron en tres.

Por último, en 93 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persona faleceu no punto.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Archivo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.