Unha brigada de voluntarios cataláns elimina eucaliptos e mimosas dos montes queimados de Melón

Amigos da Terra coordina accións de voluntariado forestal nos montes de Tourón,k que arderon o pasado ano.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/09/2018

Máis de 10 rapaces e rapaces do grupo Scouts AEIG Sant Esteve de Granollers procedentes de Cataluña están nos montes de Tourón (Melón) dende o pasado luns día 3 ata o luns 10 de setembro  para participar en distintas actuacións nunha das zonas máis afectadas polos lumes do mes de outubro do ano pasado. Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.
 
Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a CMVMC de O Tourón continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que están levando a cabo dende o outono do ano pasado. Desta volta son máis de 10 rapaces e rapaces do grupo Scouts AEIG Sant Esteve de Granollers procedentes de Cataluña os que traballarán na reforestación das áreas queimadas.
 
Durante os meses pasados de xullo e agosto estiveron convivindo no mesmo monte tres grupos Scouts, AEIG Rudyard Kipling e AEIG Itaca, e AEIG Maspons i Anglasell  procedentes de Barcelona con máis de 60 rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos. Estas accións contan tamén con apoio do Grupo Scout ILEX 695 de Ourense que está a facilitar apoio loxístico no establecemento da zona de campamento onde están aloxados estes rapaces e rapazas.
 
Os traballos que se van a levarán a cabo nesta primeira semana de setembro serán a eliminación de vexetación que compita cas árbores frondosas autóctonas plantadas nos anteriores meses, preparación para a rega das mesmas en época de seca, erradicación de plantas invasoras como mimosas ou eucaliptos, eliminación de material vexetal queimado, elaboración de bombas de sementes de gramíneas para contribuír a rexenerar os solos nus, entre outras.
 
“Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país”, suliña a entidade nun counicado.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha brigada de voluntarios actúa para restaurar os montes de Tourón, en Melón / Amigos da Terra

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.