O nunca visto: Vigo empeza en pleno verán a montaxe das luces de Nadal

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, di que serán o "top do planeta" e estima "baratísimo" o custo da iluminación polo seu retorno na economía da cidade.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/09/2018

Inaudito: as rúas de Vigo comezarán a vestirse de Nadal cando aínda non rematou o verán. A montaxe iníciase este mércores en varias rúas da cidade, e continuará nas próximas semanas, até completar a ornamentación de máis de 300 rúas, fachadas, mercados municipais e outras instalacións.

Así o confirmou o rexedor olívico, Abel Caballero, quen lembrou que se instalarán case 1.500 motivos de iluminación nas rúas, mil arcos, bólas de Nadal xigantes, varias árbores iluminadas por toda a cidade, e diferentes motivos ornamentais. En total, Vigo contará este ano coa iluminación de 9 millóns de lámpadas led.

Tampouco faltará a árbore xigante en Porta do Sol, que este ano terá unha altura de 31 metros, e contará cun espectáculo de luces e música, do que se poderá gozar en tres pases diarios.

"Que saiban os alcaldes de Londres, Tokio, Nova York, París e Berlín, que imos ser o non vai máis. Que se preparen. As alcaldesas de Madrid e Barcelona xa nin poden competir, é natural", chanceou o alcalde, quen se atreveu a prognosticar que a cidade olívica terá as festas do Nadal "top do planeta".

GASTO

Abel Caballero asegurou que este 'despregamento' do Nadal é "baratísimo", e lembrou que o Concello adxudicou a iluminación a unha empresa nun contrato por varios anos. O gasto anual da iluminación é de 825.000 euros, un gasto que reverte na cidade, segundo incidiu.

A ese respecto, Caballero recalcou que, o pasado ano, e grazas á iluminación do Nadal, "todos os hoteis estiveron petados", e "toda Galicia" acudiu a ver as luces de Nadal a Vigo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

inhabilitación psiquiatrica

Seguramente todo é debido a algún tipo de complexo sobre os tamaños que ten o alcalde de Vijo, son cousas psicoloxicas e debería ir a que lle desen algún tratamento, xeralmente este tipo de xentes son un tanto perigosas, e dignas de estudar pola psiquiatría, NON SEÑORES NON EXISTEN NA GALIZA NINGUNHA GRANDE CIDADE, deixemonos de contos vijo e coruños son cidades mais que medias mais ben pequeñas, esta claro??? e que conste que eu tipo mais por vijo e creo que o amalgama preigoso e coruños+santiAGE de componendas (a conxura do mal), pero o que esta facendo o alcalde e... e non vou decir mais cousa, pero que os cidadans o amparen e... e non vou decir mais, pero perden moito, moito respeito, a trapallada e moita.... VIDEO DO ALCALDE- https://www.youtube.com/watch?v=8cB...


1

Gamela

A ver se con esas dá agochado a Acampada contra a Pobreza que ten diante do Concello, o vindeiro luns día 17 cumprirá exactamente UN ANO e SETE MESES !!! Efectivamente en Aporofobia ningunha cidade do mundo compite con Vigo (agás Calcuta)! https://flic.kr/p/NjeSpU Pero está claro que nin o PP nin a Marea foron quen de facer unha oposición decente en Vigo, as manías de vello de Abel Caballero naceron cando puxo o barco Bernardo Alfageme nunha rotonda, logo viñeron os Dinosetos e agora o Arbol de Nadal de 31 metros !!! Agarden vostedes, aínda ten que poñer un tranvía portugués enriba dun pedestal pero ninguén sabe onde o vai colocar... Vigo está SECUESTRADA por un ególatra de 72 anos! Velaí o último comunicado remitido ao Pleno do Concello (ese pleno noxento no que falaron do Marisquiño, da Xunta e das miserias de sempre!) https://i.gal/VigoDeCerca


Luces de Nadal en Vigo, 2017 / Contando Estrelas en Flickr.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.