Dous dos grandes parques naturais de Galicia están ardendo

No Parque Natural do Xurés son máis de 20 hectáreas as afetadas, mentres que no Invernadoiro, que xa sufriu tres lumes en menos dun mes, son preto de 40 hectáreas.

Por E.P. | OURENSE | 17/09/2018

Dous dos grandes parques naturais de Galicia están ardendo. Trátase do parque natural do Xurés e o do Invernadoiro. O primeiro sofre un lume desde o domingo, mentres que o segundo leva xa tres días ardendo.

A Consellería do Medio Rural dá por estabilizado o incendio forestal de Lobios e que afecta a terreos do Parque Natural do Xurés. O lume iniciouse pouco antes das 19,00 horas do domingo na parroquia de Manín, en Lobios, e, segundo as últimas estimacións, afectou a unhas 20 hectáreas de terreo.

Nas seus labores de estabilización traballaron tres axentes, 13 brigadas, cinco motobombas, cinco helicópteros e dous avións.

O INVERNADOIRO

Por outra banda, o incendio iniciado este venres no municipio ourensán de Vilariño de Conso, no parque natural do Invernadoiro, continúa activo aínda que estabilizado, tras afectar a preto de 40 hectáreas de terreo.

O lume forestal comezou o venres ás 16,42 horas, na parroquia de San Mamede de Hedrada, segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural. Nos labores de extinción desde o inicio do lume participaron dous técnicos, 22 axentes, 61 brigadas, 25 motobombas, unha pa, 5 helicópteros e oito avións.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Incendio no Parque Natural do Invernadoiro / remitida

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.