É a camiseta do Poio Pescamar a máis fea do fútbol, como di RTVE?

O club responde as críticas recibidas desde o Telediario de Televisión Española e defende o novo deseño para o equipo feminino.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/09/2018

No Poio Pescamar non sentaron ben estas palabras que lle dedicaron á súa nova equipaxe os xornalistas de Deportes de RTVE no Telediario de onte: "En el fútbol hay un título que se gana cada temporada al principio y no al final, el de la camiseta más fea. Este año hay cierta unanimidad en que el Poio futsal se ha llevado la palma. En la equipación, latas de conservas abiertas, como guiño a su patrocinador, una conservera. La lucirán en la liga de fútbol sala las mujeres del equipo gallego". 

Por isto, o club de fútbol sala saíu nas redes sociais en defensa do seu novo deseño para o equipo feminino: "RTVE muchas gracias por la difusión, pero para nosotros la camiseta es preciosa", escribiron onte en resposta a esta nova:

Varios afeccionados e curiosos das redes saíron tamén en defensa da camiseta: "Pues yo la quiero", "Es súper original", "Pues a mí me gusta y seguro que los aficionados del Poio también, muchísima suerte Poio", "Diferente" ou "Pasa como con alguna de perro, que son tan feos que al final son bonitos", son algúns dos comentarios que recibiu o club no seu muro de Facebook.

Tamén en Twitter, algúns usuarios desta rede social saíron en defensa da proposta do club galego.

Estas non son as únicas mostras de aprobación ao novo deseño, malia o que diga RTVE de que existe "cierta unanimidad" en que se trata da camiseta máis fea que se viu esta tempada (xornalismo sen fontes nin datos contrastados). Segundo unha enquisa en liña realizada polo Diario de Pontevedra, o 42,74 por cento dos participantes considera a camiseta "moi bonita" e estaría disposto a comprala; ademáis, un 15,32 por cento pensa que é "un bo golpe de márketing". Pola contra, un 38,71% opina que é un "horror" e un 3,23 votou "non vai co meu gusto" (son datos recollidos ás once e cuarto da mañá deste venres que poden variar).

De onde saca, entón, RTVE que existe, presuntamente, "unanimidade" para declarar a camiseta do Poio Pescamar "a máis fea"? Onde está a enquisa de RTVE para contrastar o que din?

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Venancio

Hai que reconhecer que é moi horteira. As xogadoras parecen anuncios andantes e horteiras até máis non poder. Tamén leva o logo de ENCE. É que máis galega non pode ser. Todos sabemos que o 90% dos galegos non se enteran de nada. Non me venhas con milongas. Cando digo de nada quero dicer de nada. E o logo de ENCE representa as xogadoras da equipa. Ese 90& que non se entera de nada.


1

Agencias

Home non. É fea de carallo, e co logo da pestilente e contaminante ENCE. Máis fea non pode ser.


Camiseta do Poio Pescamar.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.