Vinculan o caso de Diana Quer coa "vontade clara" do Chicle de agredir sexualmente á moza de Boiro

Segundo o xulgado que leva o caso, a intención de José Abuín "O Chicle" era deixar ilocalizada á moza e introducila no maleteiro do seu coche.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Ribeira deu por finalizada a investigación do caso contra José Enrique Abuín, alias 'O Chicle', iniciada en 2017 e conclúe que é sospeitoso dun "delito de agresión sexual en concurso cun delito de detención ilegal", ambos en grao de tentativa, polo intento de secuestro dunha moza en Boiro.

Os feitos aos que fai referencia esta investigación ocorreron o 25 de decembro do ano pasado cando 'O Chicle' tratou, supostamente, de raptar a unha moza no municipio coruñés de Boiro. A escena foi presenciada por dúas testemuñas que, tras asistir á vítima, colaboraron con ela na identificación de Abuín Gey.

A identificación e detención de 'O Chicle' por este suceso desencadeou o desenlace do caso pola desaparición da moza Diana Quer, ocorrida máis dun ano antes nun municipio próximo, A Pobra, e que permanecera sen resolver durante 500 días.

Xa que Enrique Abuín fora sospeitoso no caso de Diana Quer e dado o paralelismo co suceso de Boiro, foi formalmente acusado da desaparición da moza madrileña tras a súa detención e, finalmente, levou aos axentes até o seu cadáver, nun pozo da parroquia de Asados, o 31 de decembro.

SÓLIDO INDICIO DE QUE NON ERA UN ROUBO

De feito, no seu auto de conclusión da instrución, a xuíza retoma as dilixencias seguidas contra 'O Chicle' pola desaparición e morte de Diana Quer e as que segue un xulgado de Noia por unha suposta agresión sexual á súa cuñada para reivindicar o móbil sexual do ataque de Boiro, apostando por "conectar" todos os casos.

Segundo informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza sinala que a análise das circunstancias e elementos que rodean o caso conducen ao "sólido indicio de que a finalidade do móbil" de Enrique Abuín "vai máis aló do simple roubo". "Xa que os indicios dirixen cara a unha vontade clara de detención ilegal como instrumento dunha posterior agresión sexual", engade.

A xuíza indica no seu auto que o relato da vítima e das dúas testemuñas que a socorreron cando supostamente o sospeitoso trataba de introducila no maleteiro do seu coche o 25 de decembro de 2017 nunha rúa de Boiro "viuse corroborado pola identificación, sen xénero de dúbidas, do investigado", así como do seu vehículo.

Ademais, as lesións da vítima en brazos e pernas tamén ratifican as versións dadas. "A finalidade inicial pretendida era deixala ilocalizada e introducila no maleteiro do seu vehículo", sinala a xuíza no seu auto, no que sostén que había unha "clara vontade" de "atentar contra a integridade sexual da vítima".

Entre outros elementos, o auto sinala a indicios localizados en poder de acusado, como cinta adhesiva, unha brida plástica e unha palanqueta que foron atopadas no seu vehículo. As partes teñen 10 días para formular os seus escritos de acusación ou o sobresemento da causa.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Saída de 'O Chicle' do xulgado de Ribeira (A Coruña)

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.