O sindicato CESM pide á Xunta medidas que eviten o "caos" en Urxencias coa chegada da gripe

"Parece que queren converter estes centros sanitarios en auténticos hospitais de campaña dun conflito bélico", denuncia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2018

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) reclamou á Xunta que tome medidas para evitar o "caos" nos servizos de urxencias hospitalarias coa chegada da epidemia da gripe.

Nun comunicado remitido aos medios, o sindicato asegura que esta situación de "caos" repítese "ano tras ano" polo "deixamento e falta de previsión da Administración". "Parece que queren converter estes centros sanitarios en auténticos hospitais de campaña dun conflito bélico", asegura CESM.

E é que o sindicato médico estima que a afluencia de pacientes aos servizos de urxencias hospitalarias incrementarase "nun 25% coa inexorable chegada da epidemia". Por iso, sinalou que, se non se xestiona correctamente, provocará "os lamentables episodios aos que asistimos todos os anos".

Fronte a iso, CESM considerou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "aínda está a tempo de actuar con previsión e coordinación", para "dotar dos medios humanos e materiais aos servizos de urxencias".

"Cando non se prevé unha das situacións máis previsibles que podemos ter en urxencias e non se toman medidas o resultado é o caos e o colapso, co hacinamiento dos pacientes nos corredores e o risco que para eles leva, ao quedar sen supervisión e control do médico ou a enfermeira en moitas ocasións", advertiu o sindicato.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago / CHUS.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.