O parque natural do Xurés e a Ribeira Sacra son pasto dos incendios

Un lume en Nogueira de Ramuín supera as 75 hectáreas e outro en Muíños afecta xa o parque natural, que xa sufríu outro incendio hai uns días.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/10/2018

A provincia de Ourense rexistra este venres dous incendios forestales activos nos municipios de Nogueira de Ramuín e de Muíños. Neste último as chamas afectan xa á Ribeira Sacra e ao parque natural do Xurés, logo dos lumes sufridos hai uns días e dos que xa arrasaran parte do patrimonio natural da zona en 2017 e 2018.
 
Segundo as estimacións da Consellería do Medio Rural, o incendio forestal que afecta á parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, no municipio ourensano de Nogueira de Ramuín, afecta a unha superficie que supera as 75 hectáreas.
 
En todo caso, o mosterio de Santo Estevo de Ribal de Sil e os núcleos de poboación non perigan, segundo informou a Europa Press o alcalde, José César Parente. Este lume iniciouse sobre as 21,10 horas do xoves en tres puntos distintos e no seu extinción traballan dous técnicos, seis axentes, 16 brigadas, 12 motobombas, unha pala, dúas helicópoteros e un avión.
 
En relación ao outro incendio activo na provincia de Ourense, rexístrase na parroquia de Prado de Limia, do concello de Muíños e afecta ao parque natural do Xurés. O lume iniciouse tamén a noite do xoves sobre as 22,05 horas e afecta a oito hectáreas.
 
Nos labores de loita contra as chamas traballan cinco axentes, 12 brigadas, tres motobombas e dous helicópteros, segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural.
 
Tamén o xoves pola noite declarouse outro incendio, pero na provincia de Pontevedra, na parroquia de San Esteban de Negros, no municipio de Redondela. Neste caso, o lume contaba con tres focos e puido ser controlado, pero calcinou dez hectáreas de masa arboredo.
 
INTENCIONADO
 
Os rexedores de Nogueira de Ramuín e de Muíños están convencidos que os dous lumes foron intencionados e que, no caso do de Ribas de Sil, comezou con varios focos. De feito o lume non afecta ao mosteiro, pero está moi preto. No caso do Xurés afecta a unha carballeira "impresionante".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Incendio forestal no Parque Natural do Xurés / Emerxencias Ourense @EmerxenciasOu

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.