UGT e CCOO, contentos co discurso de Feijóo

Os 'ugetistas' valoran que o presidente da Xunta ofreza "relanzar" o diálogo social durante o Debate do Estado da Autonomía, mentres que en Comisións Obreiras se congratulan de que a Xunta "valore incluír cláusulas sociais nos contratos públicos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018

O sindicato UGT valora que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofrecese "relanzar" o diálogo social durante o Debate do Estado da Autonomía, algo ao que lle responde asegurando que as súas propostas están "vixentes". Mentres, CC.OO. congratúlase de que a Xunta "valore incluír cláusulas sociais nos contratos públicos" pero reclama a Feijóo "rigor" cos datos.

Por unha banda, UGT, a través dun comunicado, critica que o diálogo social foi "practicamente inexistente" e afirma que isto "impediu avanzar" nas propostas realizadas ao comezo da lexislatura. "É preciso aproveitar o tempo parar mellorar o mercado de traballo galego, as condicións laborais e a repartición da riqueza para o conxunto dos galegos", asevera.

En concreto, propón cambiar as actuais políticas económicas "co fin de alcanzar un novo modelo de crecemento máis equilibrado e sustentable, xerador de emprego de calidade", á vez que expón "acometer medidas para reducir as desigualdades". "É necesario unha repartición máis equitativa da riqueza", subliña.

Pola súa banda, CC.OO., mediante outra nota de prensa, celebra que Feijóo se referise á "necesidade de mellorar a calidade do emprego en Galicia", con mención expresa á proposta de incluír cláusulas sociais nos contratos públicos.

Con todo, advírtelle de que "os debates en torno ao mercado de traballo se deben soster en realidades" e pídelle "rigor" no manexo dos datos.

De feito, asegura que a diminución do paro rexistrado "débese á perda de poboación activa e ocupada no últimos nove anos", desde 2009.

"Calquera proceso de diálogo cos axentes sociais teñen por obxecto mellorar a realidade dos traballadores", agrega, para resolver que esixirá "o diagnóstico preciso" dos sectores nos que se pretenda intervir.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía / Xunta.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.