Un total de 22 candidaturas optan aos VI Premios Bioga de mellor idea empresarial

Este premio busca promover o talento entre os emprendedores que tratan de abrirse camiño cada ano no mundo da biotecnoloxía.

Por GC Emprende | Compostela | 02/11/2018

Un total de 22 candidaturas optan este ano a VI Premios Bioga, convocados polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e que buscan incentivar o impulso e desenvolvemento de iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía, así como galardoar ás empresas máis competitivas do sector. A cidade da Coruña acollerá o próximo 16 de novembro a entrega dos galardóns.

Do total, oito corresponden á categoría de empresa biotech máis competitiva e outras 14 compiten na categoría de mellor idea empresarial. Por provincias, dez candidatos teñen a súa sede na Coruña, seis na provincia de Pontevedra, cinco en Lugo e un en Ourense.

A modalidade Premio á Empresa Biotech Máis Competitiva está destinada a firmas con traxectoria empresarial xa consolidada e con logros biotecnológicos. Oito compañías presentan este ano a súa candidatura: Ebiotec (Bergondo), BETA Implants (Barbadás), Instituto de Estudos Celulares e Moleculares ICM (Lugo), Laboratorio CIFGA (Lugo), Mestrelab (Santiago de Compostela), Nanoinmunotech (Vigo), Queizuar (Touro) e Sunrock Biopharma (Santiago de Compostela).

Para Mellor Ideal Empresarial Biotech teñen cabida os proxectos innovadores ou empresas de recente creación que aposten por revolucionarios produtos ou servizos e con visión de futuro. Preséntanse 14 proxectos: Akunatura de Ourense (San Cibrao das Viñas), AMS Biopharma (Lugo), Biopranaworld (Pontevedra), Dieta Click (Cambados), ECOBONE (Santiago de Compostela), E-motonial training (Pontevedra), Fluorotools (Santiago de Compostela), iCODA (Santiago de Compostela), iTechTerm (Cospeito), Mycogalicia (Vigo), Phycosem Marine Agronomy (Oleiros), SENS (Santiago de Compostela), Sense(Z) (Monforte de Lemos) e STELABUS (Santiago de Compostela).

A presidenta de Bioga, Carme Pampín, destacou que "esta iniciativa cumpre seis anos tratando de recoñecer o labor das firmas pioneiras e os seus equipos humanos" e buscando "promover o talento entre os emprendedores que tratan de abrirse camiño cada ano no competitivo e apaixonante mundo da biotecnoloxía".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha empresa realiza probas en biotecnoloxía / www.emaze.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.