O Goberno galego sinala que os servizos de Urxencias do CHUS "están perfectamente dotados"

O conselleiro de Sanidade responde tamén que en tempadas de aumento de demanda faise "unha adaptación do modelo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2018

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, defendeu que os servizos de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) están "perfectamente dotados" a nivel de persoal, instalacións e equipamento para facer fronte a "unha media diaria de 427" urxencias, segundo datos dos nove primeiros meses de ano.

Almuiña fixo estas declaracións en resposta á interpelación parlamentaria presentada pola deputada de En Marea Eva Solla, relativa ás políticas do Goberno galego sobre a dotación de medios humanos e materiais dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios, especialmente no CHUS de Santiago, cuxo persoal permanece en folga desde a pasada semana.

Así, o responsable de Sanidade detallou que as urxencias do Sergas atenden cada día 7.000 emerxencias e que, delas, 3.000 realízanse nos hospitais, cuxa valoración por parte dos pacientes supera "en seis puntos" a da media estatal e sitúase no 84,7% de usuarios que consideran boa a atención.

Ademais, incidiu en que, en momentos de aumento de demanda, como pode ser a temporada de gripe, leva a cabo unha "adaptación do modelo" para "garantir a atención a todos os pacientes". Por todo iso, Almuiña afirma que o sistema sanitario de Galicia conta cuns servizos de urxencias "adecuadamente dotados". Tamén o Clínico de Santiago, que conta con 44 facultativos, 70 enfermeiros, 44 auxiliares de enfermaría e 35 celadores, así como unha praza de coordinador agora mesma vacante pola dimisión do anterior titular.

A parlamentaria Eva Solla lembrou que o antigo coordinador presentou a súa renuncia polas condicións que teñen que facer fronte os traballadores de urxencias do CHUS, o que lles levou convocar folgas que se manteñen tras non alcanzar o pasado luns un acordo coa xerencia da área.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Clínico, Chus

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.