Feijóo sobre os problemas na sanidade: “Os nomeamentos e os ceses non me corresponde valoralos a min”

Defende o traballo de Eloína Núñez na xerencia do CHUS e di que se contratarán a 12 persoas para reforzar ao persoal de Urxencias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2018

O  persoal de Urxencias do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) está en folga. Levan así varias semanas. Non son os únicos traballadores que se queixan. Os empregados deste centro hospitalario, como os doutros en Galicia, levan reclamando melloras nos últimos meses.
 
No de Santiago, onde é xerente Eloína Núñez –curmá do presidente galego-, marcharon nos últimos meses catro altos cargos. O último, Antonio Álvarez García, director de Procesos Asistenciais, este luns. A este cesamento súmanse os da antiga directora de procesos, o coordinador de Admisión e o de Urxencias. 
 
Un carrusel de baixas que, segundo Feijóo, non depende del. “As modificacións nos cadros directivos dos hospitais non depende de min, senón dos seus xerentes”, contestou o presidente galego cando foi preguntado ao respecto por GC. “Pero entón vostede como presidente non pode opinar do que acontece na sanidade?”, insistiu este medio. “Non me corresponde a min valorar ese asunto para propoñer ou non propoñer ceses ou nomeamentos”, insistiu Feijóo.
 
DEFENSA DA XERENTE
 
Ademais, o presidente galego descartou que a xerente deste centro, a pesar destas baixas, teña que dimitir. “Hai un conflicto cunha intensidade determinada e unha proposta para contratrar a 12 persoas que máis que razoable”, limitouse a respostar sobre a folga en Urxencias.
 
Neste sentido, ademais, minimizou o feito de que os tribunais teñan considerado como “servizos mínimos abusivos” os decretados pola Xunta na folga do 061, xa que a Xunta impuxo o 100% dos servizos mínimos. “Nunca se fala de cando a xustiza lle dá a razón á Xunta nestes casos, que son moitos”, limitouse a suliñar ao tempo que dixo “respectar” o dereito constitucional á folga.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Protesta do persoal de Urxencias do CHUS

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.