Intensifícase a folga nas urxencias do Hospital Clínico de Santiago: haberá peche de 24 horas

Os traballadores acordan tamén convocar unha manifestación en Compostela o 9 de xaneiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/12/2018

Continúa a folga nas urxencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. O persoal sanitario intensificará a loita cun peche de 24 horas o 19 de decembro e unha manifestación na cidade o 9 de xaneiro.

Este luns, o comité de folga reuniuse coa xerencia, na cal esta ratificou a súa proposta de persoal de dous médicos, cinco enfermeiros e cinco auxiliares de enfermaría, e como novidade propuxo o peche dunha parte do servizo, en concreto "de dez ocos de sillóns que se abrirían cando fose necesario con persoal alleo ao servizo".

Trala reunión desta mañá, os traballadores concentráronse ao mediodía diante do servizo de urxencias, rematando a protesta na entrada principal do Hospital Clínico.

As 13:00 horas tiveron asemblea, na cal se transmitiu a todos os traballadores a proposta de xerencia, e dita proposta foi rexeitada. O persoal sanitario reclama que "todos os ocos do servizo de urxencias deben estar abertos e dotados de persoal".

Na asemblea acordouse facer un peche de 24 horas o día 19 de decembro no Hospital Clínico e unha manifestación por Santiago o 9 de xaneiro. Asemade, este mércores haberá concentración diante do Sergas ás 12:00 horas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Protesta do persoal de Urxencias do CHUS

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.