Un consorcio de empresas galegas únese para mellorar a xestión eficiente da auga

TRIHSENS desenvolverá unha solución integral para a monitorización en tempo real da auga de consumo humano.

Por GC Emprende | Compostela | 04/12/2018

 
Un consorcio de empresas galegas, formado por pemes e grandes empresas, únense co obxectivo de desenvolver unha solución integral para a monitorización en tempo real da auga de consumo humano, garantindo, deste xeito, a xestión eficiente e a protección dun recurso vital como é a auga
 
O proxecto TRIHSENS, conta cun orzamento total de 878.533,30? e está liderado por Viaqua. Completan o consorcio, as empresas Syspro Enxeñaría S.L., Ayco Internet S.L. e Roca Roibás S.A.U. Este consorcio contará á súa vez coa colaboración dos centros de investigación AIMEN e Cetaqua Galicia.
 
Este proxecto, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixo 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
 
O novo sistema desenvolvido no marco do proxecto, será validado na Estación de Tratamento de Auga Potable do Tambre, propiedade do Concello de Santiago. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Auga / Caldaria

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.