Desmemoria autonómica en La Sexta?

O venres día 7 de decembro o programa La Sexta Columna emitiu unha reportaxe sobre os corenta anos de autonomías no Estado onde Galicia a penas foi tratada.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2018

O estado das autonomías cumpriu corenta anos. Para falar sobre isto e as últimas polémicas nacidas arredor da figura dos autogobernos, La Sexta realizou o venres día 7 de decembro un programa especial titulado “La Crisis de los Cuarenta” dentro do espazo La Sexta Columna presentado por Antonio García Ferreras.  Tratouse o feito histórico que podía estar detrás de cada unha das reivindicacións autonómicas que pediron no seu día territorios como o galego, vasco, catalán, castelán e os demais.

O curioso foi que o caso galego apenas foi tratado, só mencionado dúas veces e de maneira moi puntual. Nos primeiros minutos mencionouse que Galicia si tiña aprobado o seu proxecto de estatuto durante a II República. Uns minutos máis adiante, o profesor Carlos Río da Universidade de Comillas, mencionaba, tamén de pasada, que o Estado das Autonomías fora concibido para as nacionalidades históricas de “Cataluña, País Vasco y de forma más moderada, Galicia”. A partir de aí, non se menciona máis. Iso sí, o guionista só cualificou como “comunidades históricas” Euskadi e Cataluña. Pero curiosamente, engadiuse ao desenvolvemento do programa o caso andaluz.

Este caso foi un dos máis extensos do programa, que profundou nas raíces reivindicativas de Andalucía sobre a súa autonomía. Seguidamente, o caso castelán e leonés entrou nas explicacións do programa. Desde o desexo de moitos leoneses (tando da provincia de León, como Zamora e Salamanca) de non entraren na que logo sería Castilla y León, e que o programa definira como “un contrapeso aos cataláns”.

Seguiron co caso vasco-navarro e o cántabro. Navarra como comunidade foral que decidiu no seu día non formar parte do que agora é Euskadi e os sentimentos que actualmente viven nese lugar. No caso cántabro, as raíces e desexos da que fora provincia de Santander en Castilla la Vieja para ser logo Cantabria.

A cuestión é que o caso galego só foi tratado desa maneira, por riba, moi por riba. Dicir tamén que o caso vasco tivo menos tempo que o catalán e este menos que o andaluz. Pero aínda así, non se explica unha posible desmemoria con respecto ao proceso autonómico galego.  Escasa importancia? 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 7

    SON

    Continuo co meu comentario.... por outra. Iso esixe que Galiza fique desaparecida mais como infelizmente na Galiza temos como dirixentes a estes impresentables presididos por Feixoo, e sendo lamberlle o cú aos seus xefes de Madrid a súa única inquedanza, nunca porían obxeccións a que Andalucía fora usurpando aos poucos o lugar de Galiza na arquitectura política do Estado. Mais todos sabemos que perden o tempo...cando na transición o Estado tentou outorgarlle a Galiza o rol que quere que xogue agora Andalucía, os galegos soubemos reaccionar nas célebres manifestacións do aldraxe (que por suposto non apareceron ao igual que calquera outra información sobre Galiza no programa da Sexta) e ao estado non lle quedou outra que recuar. Agora o que toca é soberanismo!


    6

    Pitito

    Vista a "paixon" das elites politicas galegas da epoca en Madrid polo estatuto, pola lingua e a cultura galega, o Pio Cabanillas, Fraga, Roson (herdeiros do franquismo),...., cuxa incuria marabillou a vascos e catalans, non me extraña que os esqueceran


    5

    SON

    Parabens a GC polo comentario ao programa da Sexta ainda que é morno de mais. O programa foi unha auténtica ignominia sobre todo cando sobre unha mesa apareceron tres cuncas de café coas bandeiras de Cataluña. Euskadi e Andalucía como se esta última fora, no canto da Galiza, unha das tres nación (“nacionalidades”) recoñecidas na Constitución española. A maneira de retorcer a realidade para enfatizar o papel de Andalucía foi realmente alucinante! Isto é bastante habitual na Sexta e noutros medios de comunicación españois. O obxectivo: situar a Andalucía, que é mais España que apropia España (ver ultimas eleccions) nun lugar que non lle corresponde para difuminar a evidente diferencia que, en termos de conciencia nacional, existe entre Galiza, Euskadi e Cataluña por unha banda e o resto de comunidades autónomas do Estado Español por out


    4

    Cirigaitas

    Se non te fas Respeitar endexamais che terán medo...cando o BNG tivo tres Deputados en Madrid estaban Acolloados: Rudí, presidenta do Congreso, fixo o imposibel para que non formasen grupo; Rgez. Ibarra, presidente de Extremadura: "que vai ser esto....agora tamén os galegos??" (ao falar dos nacinalismos basco e catalán)... seica temos Cinco Deputados da Marea en Madrid (a maior Inutilidade da Historia!!) e estamos menos representados que cando Coalición Galega tiña un ....Como queredes que non nos ningunenen????


    3

    Carme

    Fai tempo que levan facendo eso. Eu vexo as veces Al rojo vivo, e sempre que tratan o tema das " comunidades históricas" nos deixan aparte, ou soamente nos nomean. Creo que para eles non valemos tanto coma o resto


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Mapa do antigo Reino de Galicia

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.