Evacuados cinco residentes dun edificio por inhalación de fume nunha vivenda en Ourense

Os afectados teñen entre 55 e 91 anos.

Por E.P. | OURENSE | 10/12/2018

Cinco persoas residentes nun edificio foron evacuadas na noite deste domingo por inhalación de fume por mor dun incendio producido nunha vivenda dun inmoble situado na rúa do Greco na cidade de Ourense.

Segundo informou o 112 Galicia, os cinco habitantes do edificio, dous deles da vivenda afectada, foron asistidos con síntomas de intoxicación debido ao fume que provocou o lume. Sobre as 22,00 horas do domingo unha particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda e indicou que ardía algo no seu piso e que había moito fume. Por iso, pasouse aviso aos Bombeiros da cidade e solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local.

Tamén, após indicar o alertante que unha persona podía necesitar asistencia sanitaria, informaron da situación a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

En concreto, o 061 evacuou ao Hospital Cristal a catro persoas. Nunha ambulancia asistencial acompañado do médico da PAC de Ourense foi levado un home de 70 anos, A.C.G.G., e outro de 55, A.V.G.; mentres que unha segunda ambulancia levou á muller O.O.P., de 74 anos; e ao home J.G.P., de 91, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Unha vez extinguido o lume e evacuados os afectados, os membros de extinción confirmaron que ardeu unha habitación na súa totalidade, mentres que o resto da vivenda e todo o edificio resultou afectado o fume.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.