Pacientes apoian os xefes dos centros de saúde que dimitiron como protesta: "Tiñan que facelo antes"

Os centros da área de Vigo funcionan con "normalidade", agás pola folga de médicos convocada polo sindicato O'MEGA. O alcalde fala de "crise sen precedentes" na Atención Primaria na cidade olívica.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/12/2018

Os centros de saúde da área de Vigo, cuxos responsables presentaron este martes a súa dimisión (sobre unha vintena) funcionan con "normalidade", unha situación que só se viu alterada pola folga de médicos convocada polo sindicato O'MEGA.

A renuncia destes xefes de centros de saúde, que se fixo efectiva por rexistro na mañá deste martes, non tivo consecuencias visibles aínda e é previsible que tampouco se note a curto prazo, dado que a maior parte destes centros teñen unha "madurez" autoorganizativa e xa teñen planificada a súa xestión interna para as próximas semanas.

Con respecto á atención aos pacientes, algúns traballadores de varios ambulatorios consultados por Europa Press precisaron que "os problemas que perciben hoxe son os mesmos que hai dúas semanas" e que, en boa medida, motivaron as dimisións por falta de persoal e recursos.

O até agora responsable do centro de saúde de Teis, Luís López Vilar, lembrou que o labor de xestión que realizan céntrase, sobre todo, na disposición de vacacións e días libres, ou na tramitación de substitucións.

"Os problemas veñen de hai moito tempo, e son estruturais, pero non só en Galicia. É necesario un pacto de Estado", sinalou López Vilar, quen expresou a súa esperanza de que o Sergas volva contactar con eles para "sentar" a dialogar, "pero con propostas concretas para a Atención Primaria".

APOIO DOS PACIENTES

Neste centro de saúde a opinión dos pacientes é unánime: "Os médicos están moi saturados". Un dos usuarios do centro, pai dunha menor, lembrou o "gran problema" que padecen os nenos por falta de pediatras. "Nunca substitúen o pediatra cando falta, e temos que esperar horas", lamentou.

Na mesma liña, noutros centros de saúde, como o do Casco Vello (cuxa responsable tamén forma parte do bloque de dimisionarios) os pacientes ven "máis que xustificada" a protesta dos xefes de servizo e de unidade. "Están saturados, ven ducias de pacientes cada día, e pagámolo nós: cada vez hai máis listas de espera", criticou unha doente este martes.

Outro dos usuarios deste ambulatorio do barrio histórico vigués foi máis aló. "Terían que plantarse antes, e os pacientes tamén. Necesítase máis persoal, e que teñan condicións máis estables, porque en poucos anos vennos catro ou cinco médicos distintos na mesma consulta, do mesmo centro de saúde", incidiu, antes de lembrar que lle deron cita a máis dun ano vista para tratar unha trombose dunha perna, e que só presentando reclamación logrou que o prazo se "acurtase" a 8 meses.

ALCALDE

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén se referiu á que, ao seu xuízo, é "unha crise sen precedentes" na Atención Primaria de Vigo, e apuntou que a "dimisión masiva" de xefes de servizo súmase ás "dificultades serias" que padece, na súa opinión, o Hospital Álvaro Cunqueiro.

O rexedor olívico fixo un "recoñecemento" ao esforzo dos profesionais de Atención Primaria en Vigo, así como á súa "valentía" para denunciar os problemas do servizo. "Que situación límite debe haber para que haxa unha dimisión masiva", proclamou Caballero, quen criticou que "Feijóo e o conselleiro de Sanidade pretenden que aquí non pasa nada, pero si que pasa e teñen que dar resposta".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Centro de Saúde do Casco Vello de Vigo / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.