O Álvaro Cunqueiro informou o xulgado dun bebé que ingresou morto despois do parto

O servizo de Urxencias Sanitarias foi alertado telefónicamente de que se requería asistencia médica nun domicilio. Segundo informou 'La Voz de Galicia', trataríase dun "parto na casa" sen asistencia médica.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/12/2018

O Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo enviou un informe ao xulgado sobre o caso dun bebé que ingresou o pasado luns falecido despois do partoSegundo publicou 'La Voz de Galicia' na súa edición deste mércores, tratouse dun "parto na casa", que se desenvolveu "sen o apoio de ningún profesional sanitario".

A nai, con iniciais T.M.D. e 33 anos de idade, foi trasladada ao complexo hospitalario xunto ao bebé, segundo confirmou o 061 a Europa Press. O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia informou de que recibiu unha chamada ás 14.00 horas do pasado luns 10 de decembro, na que se requiría asistencia médica nun domicilio.

Ao lugar trasladáronse dúas ambulancias, unha medicalizada e outra asistencial, que levaron á muller e ao menor até o Cunqueiro. O bebé faleceu antes de entrar no centro hospitalario, segundo confirmou o Sergas a Europa Press.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia manifestaron que o informe do centro sanitario chegou ao xulgado de garda, o número 5 de Vigo, que ten intención de inhibirse ao xulgado número 4 pola data na que ocorreron os feitos.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



-Un bebé nun hospital / Unicap - Hilando Vidas

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.