Os transportistas paralizan o subministro de madeira a Ence por botar o camioneiro que agrediu a dous ciclistas

Os traballadores critican que o cese deste profesional "dificultou", desde entón, a súa actividade e que as condicións de descargas son inseguras.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/12/2018

A Unión Independente de Transportistas Autónomos (UITA Asturias) anunciou este sábado a súa decisión de paralizar a subministración de madeira ás plantas de Ence en Pontevedra e en Navia (Asturias). Xustificaron a medida pola "ausencia de resposta" empresarial ante a petición de que se rectificase o cese de relación laboral co transportista acusado de agredir a dous ciclistas.
 
Nun comunicado remitido aos medios, basearon a súa determinación en que a empresa cortou a relación comercial cun profesional do sector cando o pasado 25 de outubro agrediu a uns ciclistas no marco dunha discusión relacionada cun incidente de tráfico ocorrido en Lourizán (Pontevedra). Para UITA, o conflito "nada ten que ver nin co cargador nin co destinatario (Ence) porque o altercado produciuse na vía pública e foi provocado precisamente polos que agora din ser vítimas".
 
"Neste tempo dificultou que a súa actividade se desenvolva noutros servizos sen investigar o ocorrido, nin valorar a versión do afectado", aseguraron. Segundo a plataforma, a difusión dos vídeos do suceso "xeraron un ruído que se saldou coa decisión de Ence- Pontevedra, a cuxa sede se dirixía o transportista, de castigar ao afectado cunha medida excesiva", que pasaba por impedirlle a entrada ás súas instalacións e que realizase contratos de transporte co seu provedor de servizos, co prexuízo económico consecuente
 
SEN RESPOSTA DA EMPRESA.
 
O pasado 4 de decembro os representantes da Plataforma mantiveron unha reunión cos responsables da empresa para solicitar a rectificación da súa decisión de cortar a súa relación laboral co transportista afectado e de dificultar o seu desenvolvemento profesional.  Despois de ofrecerlle tempo á compañía para que adoptase as medidas solicitadas na citada reunión, e ao non obter resposta algunha dos responsables da empresa transformadora, a plataforma decidiu "dar un paso máis na súa loita polos dereitos do traballador afectado".
 
Do mesmo xeito, e a fío das "condicións de inseguridade" que rexistraron os profesionais do transporte de madeira nas sedes de Ence Pontevedra e Ence Navia, pediron á empresa que tome accións "para asegurar que as entregas da madeira se poidan efectuar en condicións de seguridade".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Diego

Vin 2 ou 3 veces o video da agresión e non apreciei agresion ningunha dos ciclistas nin sequera de tipo verbal


Ence en Pontevedra. Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.